Catalunya en Comú-Podem é unha coalición política catalá de esquerdas creada para as eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017, formada por Catalunya en Comú, Podem, Barcelona en Comú, Iniciativa per Catalunya Verds e Esquerra Unida i Alternativa e co apoio tamén de Equo Catalunya. A candidatura foi liderada por Xavier Domènech.
É sucesora da coalición Catalunya Sí que es Pot creada para as eleccións ao Parlament de 2015. Catalunya en Comú-Podem obtivo 8 escanos, 7 por Barcelona e 1 por Tarragona, 3 menos que a súa antecesora.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina oficial
Categoría:Partidos políticos de Cataluña