Santa María de Medeiros é unha parroquia do concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. Segundo o IGE no ano 2008 tiña 406 habitantes (204 homes e 202 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 492 habitantes.
Historia Durante o dominio romano, os bubali (poboadores do río Búbal) opuxeron unha gran resistencia e foron obrigados a traballar como escravos na construción da ponte romana de Chaves (Portugal).
Consérvanse restos de poboados castrexos, tumbas paleocristiás e minas de estaño explotadas xa polos pobos prerromanos.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Medeiros
Parroquias de Monterrei
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Monterrei
Categoría:Parroquias de Monterrei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María