A Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (BVPH) é unha hemeroteca dixital española.
Fundada en 2009 e xestionada polo Ministerio de Cultura e Deporte de España, dixitalizou numerosas publicacións periódicas, desde o século XVIII até o XXI. Nela recóllense fondos de diversas comunidades autónomas. A BVPH, que en 2013 contaba con 2037 títulos, compleméntase coa Hemeroteca Dixital da Biblioteca Nacional de España. Dispón de tecnoloxía ALTO (Analyzed Layout Text Object) para a procura de cadeas de texto.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas https://prensahistorica.mcu.es
Categoría:Hemerotecas Categoría:Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de España