O voo 345 de Turkish Airlines era un voo regular doméstico de pasaxeiros operado por un Fokker F28-1000 Fellowship dende o aeroporto de Esmirna-Adnan Menderes ata o aeroporto de Istanbul Yeşilköy que se esnafrou no mar de Mármara o 30 de xaneiro de 1975 durante a aproximación. Foi o segundo peor accidente dun Fokker F28 e o terceiro con máis vítimas en Turquía na época.
Avión O avión que operaba o voo 345 era un Fokker F28-1000 Fellowship con número de serie 11058, que realizara o seu primeiro voo en 1972. Dende entón acumulaba 3 713 horas de voo en 5 062 ciclos. O voo 345 engalou de Esmirna sobre as 18:00 EET (20:00 UTC) para un voo de 40 minutos ao aeroporto de Istanbul Yeşilköy con 38 pasaxeiros e 4 tripulantes a bordo.
Accidente Ás 18:39 o avión aterrou na pista do aeroporto de Istanbul Yeşilköy pero un fallo eléctrico no aeroporto nese mesmo momento forzou á tripulación a iniciar o aborto da aproximación. 22 segundos despois de que as luces se apagasen o xerador de emerxencia comezou a funcionar e acendeu as luces da pista. O piloto elixiu seguir regras de voo visual por debaixo dunha altitude de 240 m. Ás 18:43 a tripulación solicitou permiso para aterrar mentres se situaba para outra aproximación. Porén, debido a que outro avión estaba a piques de aterrar, o control de tráfico aéreo ordenou á tripulación do voo 345 continuar no aire. Cando, ás 18:53, o control de tráfico aéreo intentou establecer contacto co aparello non recibiu resposta.
Determinouse que o avión estrelárase no mar de Mármara. Porén, os restos non serían localizados ata varios anos máis tarde.
Notas
Turkish Airlines 0345 Turkish Airlines Turkish Airlines