Olvido García Valdés, nada en Pravia (Asturias) o 2 de decembro de 1950, é unha poeta española. Foi Directora Xeral do Libro e Fomento da Lectura (2018-2019).
Traxectoria Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Oviedo e en Filosofía pola Universidade de Valladolid. Profesionalmente foi Catedrática de Lingua Española e Literatura en institutos de Valladolid e Toledo, e directora do Instituto Cervantes de Tolosa (Francia). Esta casada co poeta e crítico literario Miguel Casado.
O 6 de xullo de 2018 foi nomeada Directora Xeral do Libro e de Fomento da Lectura. Dimitiu a finais de 2019.
Escritura O volume Esa polilla que delante de mí revolotea. Poesía reunida (1982-2008), recolle a súa obra poética entre esas datas. Posteriormente publicou Lo solo del animal (2012). Entre outros premios, obtivo en 2007 o Premio Nacional de Poesía por Y todos estábamos vivos. Ten libros traducidos ao sueco, francés, inglés, italiano e polaco; igualmente os seus poemas apareceron en alemán, portugués, romanés, grego, árabe e chinés.
É tamén autora do ensayo biográfico Teresa de Jesús (2001), de textos para catálogos de artes plásticas (Zush, Kiefer, Vicente Rojo, Tàpies, Juan Soriano, Bienal de Venecia 2001, Broto...) e de numerosos ensaios de reflexión literaria. Traduciu La religión de mi tiempo e Larga carretera de arena de Pier Paolo Pasolini, e (en colaboración) a antoloxía de Anna Akhmatova e Marina Tsvetaeva El canto y la ceniza, así como El resto del viaje y otros poemas, de Bernard Noël.
Foi codirectora da revista Los Infolios dende 1987, e membro do consello editor da hispano-portuguesa Hablar/Falar de Poesia, creada en 1996; tamén foi cofundadora de El signo del gorrión, e pertenceu ao seu consello editorial durante os seus dez anos de vida (1992-2002).
Dirixiu ou coordinou diversos cursos, seminarios e ciclos de poesía contemporánea. Formou parte do proxecto Estudios de Poética, e coordinou a páxina de poesía "Y todos estábamos vivos" en ABC Cultural.
Poética
O poema non é un artificio que pretende construír un mundo paralelo con igual valor ao do mundo, senón que máis ben, para a poeta, o mundo está aí, coas súas doses mesturadas de nítida realidade e de intensa e ferinte irrealidade. Desde esta perspectiva -escribiu Eduardo Milán- "logra imprimir unha liberdade resplandecente, atravesada de dor, mergulladora de relato, suspendida de fragmento. De cara sempre ao real -que materialmente investiga-, esa poesía actúa cunha sobriedade de sorpresa, pautada por un ritmo que sostén cambios imprevistos como un clima, como unha estación".
Obras
Poesía Libros El tercer jardín, Ediciones del Faro, Valladolid, 1986. Exposición, Ferrol, 1990, premio Ícaro de Literatura. ella, los pájaros, Deputación, Soria, 1994, premio Leonor de Poesía. caza nocturna, Ave del Paraíso, Madrid, 1997 (traducido ao sueco: Nattlig jakt, tradución de Ulf Eriksson, Ariel Skrifter, Estocolmo, 2004; e ao francés:Chasse nocturne, tradución de Stéphane Chaumet, L'Oreille du Loup, París, 2009). Del ojo al hueso, Ave del Paraíso, Madrid, 2001. La poesía, ese cuerpo extraño (Antología), Universidad, Oviedo, 2005. Y todos estábamos vivos, Tusquets, Barcelona, 2006, premio Nacional de Poesía 2007 (traducido ao inglés: And we were all alive, tradución de Catherine Hammond, Cardboard House, USA, 2016; e ao francés: Et nous étions tous vivants, tradución de Bénédicte Mathios, L'Harmattan, París, 2017). Esa polilla que delante de mí revolotea. Poesía reunida (1982-2008). Prólogo de Eduardo Milán. Galaxia Gutenberg/Círculo de Lectores, Barcelona, 2008 e 2016. Racines d'ombre (antología), tradución ao francés de Martine Joulia e Jean-Yves Bériou, Cadastre8zéro, Abbeville, 2009. Lo solo del animal, Tusquets, Barcelona, 2012. Poesie (antología preparada por Mariano Peyrou), tradución ao italiano de Matteo Lefevre, Raffaelli, Rimini, 2012. Obraz, który trwa tyle, co zycie (antología), tradución ao polaco de Marta Eloy Cichocka, Lokator, Cracovia, 2018.
Plaquettes Mimosa de febrero, Astrolabio, Palencia, 1994. Si un cuervo trajera, La Borrachería, Lucerna, Zamora, 2000. Todo acaba cayendo del lado que se inclina, Edición a secas, Buenos Aires, 2002. Siete poemas. Con monotipos –Serie Babel 15106- de Luis Costillo. Escuela de Arte, Mérida, 2006. Poética y Poesía, Fundación March, Madrid, 2009.
Ensaio Teresa de Jesús, Omega, Barcelona, 2001. Los poetas de la República (en colaboración con Miguel Casado), Hermes, Barcelona, 1997.
En volumes colectivos Perdidas en el espacio. Formas de ocupar, recorrer y representar los lugares. V.V. A.A. (Coord. Asun Bernárdez). Huerga y Fierro, Madrid, 1999. En torno a Velázquez. V.V. A.A. (Coord. Miguel Ángel Ramos) Comunidad de Madrid, Madrid, 1999.
Traducións Pier Paolo Pasolini, La religión de mi tiempo, Icaria, Barcelona, 1997. Anna Akhmatova e Marina Tsvetaieva, El canto y la ceniza. Antología poética (en colaboración con Monika Zgustova), Galaxia Gutenberg, Barcelona, 2005 e 2018. Pier Paolo Pasolini, Larga carretera de arena. La Fábrica Editorial, Madrid, 2007. Bernard Noël, El resto del viaje y otros poemas (en colaboración con Miguel Casado), Abada, Madrid, 2014.
Premios 1989 - Accésit do premio Esquío de poesía en lingua castelá. 1990 - Premio Ícaro de Literatura. 1993 - Premio Leonor de Poesía. 2007 - Premio Nacional de Poesía pola súa obra Y todos estábamos vivos. 2016 - Premio das Letras de Asturias
2022 - Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Un lugar donde no se miente. Conversación con Olvido García Valdés (2014), de Miguel Marinas. Del animal poema. Olvido García-Valdés y la poética de lo vivo (2016), de Amelia Gamoneda.
Ligazóns externas A autora na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. A autora na Cátedra Miguel Delibes. Olvido García Valdés, Premio Nacional de Poesía, AFP, 9 de outubro de 2007. Portal e antoloxía de Olvido García Valdés en A media voz Poemas en torno á creación poética
Categoría:Poetas de España Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Tradutores de España Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Nados en Pravia Categoría:Nados en 1950