Wilson Chandler, nado o 10 de maio de 1987 en Benton Harbor, Míchigan, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Zhejiang Lions da Chinese Basketball Association (CBA).
Traxectoria profesional O 28 de xuño de 2007, Chandler foi elixido na 23ª posición do Draft da NBA de 2007 polos New York Knicks. O 22 de febreiro de 2011, Chandler foi traspasado ós Denver Nuggets no traspaso que mandou a Carmelo Anthony ós Knicks.
En agosto de 2011, debido ó lockout da NBA, Chandler asinou cos Zhejiang Guangsha Lions da Chinese Basketball Association. Tras a derrota dos Lions en playoffs, Chandler regresou ós Nuggets, asinando un contrato por 5 anos e 37 millóns de dólares.
O 6 de xullo de 2018, Chandler foi traspasado ós Philadelphia 76ers xunto a unha futura elección da segunda rolda do Draft.
O 6 de febreiro de 2019, Chandler foi traspasado xunto a Mike Muscala, Landry Shamet e unha futura elección do Draft ós Los Angeles Clippers, a cambio de Boban Marjanović, Mike Scott e Tobias Harris.Harris traded to Sixers in multi-player deal with Clippers
O 8 de xullo de 2019, Chandler asinou un contrato dun ano cos Brooklyn Nets.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados no condado de Berrien, Míchigan Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Zhejiang Lions Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets