Gonzalo Allegue Otero, nado o 9 de setembro de 1946 en Vilanova de Arousa, é un profesor de literatura, ensaísta, editor e escritor galego, residente en Vigo.
Traxectoria Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de instituto, no ano 1991 fundou a editorial Nigra, que en 1998 pasou a depender da asturiana Trea, dando lugar a Nigra Trea, especializada en coidados libros de cultura popular e unha colección de libros de fotografía histórica galega, que constitúe o máis coñecido do seu catálogo.
Colaborou baixo distintos pseudónimos en Faro de Vigo e La Voz de Galicia. Foi membro fundador da Asociación Cultural Amigos de Valle Inclán e creador da revista Cuadrante. Revista de Estudios Valleinclanianos e Históricos, que dirixiu durante doce anos.
Obra Ramón Otero Pedrayo; estudio, cronoloxía e bibliografía, Xuntanza, 1989. Galicia: O oficio de vivir, 1990, tres volumes. Galicia: O oficio de vivir. Nenos. Nigra. 2001. Vigo. Galegos: as mans de América 1992. Eduardo Blanco Amor. Diante dun xuíz ausente.Premio da Crítica Galicia 1994 (XVII edición) na categoría Ensaio e pensamento. Los actores ciegos, 2000, novela. Colectiva Eduardo Blanco Amor (1897-1979). Unha fotobiografía, con Víctor Freixanes, Xerais, 1993. Contos de cine. Relato (clásico) para voces e harmónica. Xunta de Galicia. 1996.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas "Allegue, Gonzalo " Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes .
Categoría:Nados en Vilanova de Arousa Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxesCategoría:Nados en 1946 Categoría:Editores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela