A bandeira de tinta (en , Degel HaDyo) foi unha bandeira de Israel feita a man e izada durante a guerra árabe-israelí de 1948 para sinalar a captura de Umm Rashrash.

Historia O 5 de marzo de 1949, Israel puxo en marcha a operación Uvda, a última manobra da guerra. O 10 de marzo as Forzas de Defensa de Israel chegaron ás costas do mar Vermello en Umm Rashrash, ao oeste de Aqaba no área da bíblica Elath, e a capturaron sen batalla algunha. As brigadas do Neguev e do Golán formaron parte desta operación. Tras a captura da posición, os soldados debuxaron con tinta unha bandeira de Israel sobre unha sabana branca que foi levantada por Avraham Adan, o comandante da compañía do 8º batallón da brigada do Neguev.General Avraham Adan: Soldier who raised the 'Ink Flag' that signaled the birth of Israel

A bandeira improvisada fabricouse por orde do comandante Nahum Sarig, cando descubriu que a súa brigada non contaba unha bandeira de Israel. Os soldados atoparon unha sabana, e debuxaron sobre ela dúas franxas de tinta e coseron unha estrela de David que colleron dun kit de primeiros auxilios.

En Eilat, conmemorase o evento cunha escultura de bronce construída polo escultor Bernard Reder A fotografía do izado da bandeira de tinta foi tomada polo soldado Micha Perry, e ten certo parecido coa fotografía Erguendo a bandeira en Iwo Jima tomada durante a segunda guerra mundial. Former IDF general, Israeli icon Avraham Adan, dies at 86, Haaretz

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eilat Bandeira de Israel Guerra árabe-israelí de 1948 Ligazóns externas Discurso do primeiro ministro Ariel Sharon no Día de Eilat - 56 anos desde o izado da bandeira de tinta, 20 de marzo de 2005

Categoría:Historia de Israel Categoría:Bandeiras de Israel Categoría:Bandeiras históricas Categoría:Bandeiras introducidas en 1949