A selección de hóckey a patíns masculina de España é o equipo que representa a España nas competicións internacionais de hóckey a patíns en categoría masculina. España é, xunto con Portugal, a gran dominadora do hóckey a patíns mundial. Gañou 17 veces o Campionato do Mundo e 18 veces o Campionato de Europa.

En 2013 a selección española conquistou o seu 16º Campionato do Mundo (5º de xeito consecutivo), superando deste xeito á selección portuguesa no palmarés xeral, converténdose dese xeito no mellor equipo da historia.

Palmarés 17 Campionatos do Mundo: 1951, 1954, 1955, 1964, 1966, 1970, 1972, 1976, 1980, 1989, 2001, 2005, 2007, 2009, 2011, 2013, 2017 18 Campionatos de Europa: 1951, 1954, 1955, 1957, 1969, 1979, 1981, 1983, 1985, 2000, 2002, 2004, 2006, 2008, 2010, 2012, 2018, 2021 17 Copa das Nacións: 1952, 1953, 1957, 1959, 1960, 1975, 1976, 1978, 1980, 1991, 1995, 1999, 2000, 2001, 2003, 2005, 2007 12 Copas Latinas: 1958, 1963, 1995, 1996, 1997, 1999, 2000, 2004, 2006, 2010, 2012, 2018

Equipo Estes foron os xogadores convocados para o Europeo da Coruña (Galiza) de 2018:

España Número Nome Posición Data de nacemento Idade Equipo 1 Xavier Malián POR 9 de setembro de 1989 28 Liceo 2 Nil Roca DEF/MED 28 de setembro de 1997 19 Noia 3 Albert Casanovas DEF/MED 26 de abril de 1985 33 Reus 4 Ferran Font DEF/MED 12 de novembro de 1996 21 Sporting 5 Ignacio Alabart DEF/MED 9 de abril de 1996 22 Barcelona 6 Edu Lamas DEF/MED 16 de decembro de 1990 27 Liceo 7 Jordi Adroher DIA 22 de novembro de 1984 33 Benfica 8 Pau Bargalló (C) DIA 11 de xaneiro de 1994 24 Barcelona 9 Raul Marín DIA 15 de outubro de 1986 31 Reus 10 Sergi Fernández POR 25 de febreiro de 1985 33 Barcelona Corpo técnico Adestrador Alejandro Domínguez

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial da Real Federación Española de Patinaxe

España Categoría:Hóckey a patíns en España Categoría:Seleccións de hóckey a patíns de España