Carole Penny Marshall,Born Carole Penny Marshall in 1943, as per My Mother Was Nuts, a Memoir, p. 10; . Copyright 2012 nada o 15 de novembro de 1943 e finado o 17 de decembro de 2018 foi unha actriz, directora e produtora estadounidense. Acadou a fama na década de 1970 polo seu papel de Laverne DeFazio na serie de televisión Laverne & Shirley (1976–1983), recibindo tres nomeamentos ós Globos de Ouro á mellor actriz de serie cómica ou musical pola súa interpretación.

Marshall comezou a dirixir filmes na década de 1980, facendo o seu debut con Jumpin' Jack Flash (1986) antes de dirixir Big (1988), que se converteu no primeiro filme dirixido por unha muller en recadar máis de 100 millóns de dólares nos Estados Unidos. Posteriormente dirixiu filmes como Espertares (1990), que foi nomeado ó Óscar ó mellor filme, A League of Their Own (1992), Un poeta entre reclutas (1994), The Preacher's Wife (1996), e Os mozos da miña vida (2001). Foi produtora de filmes como Cinderella Man (2005) e Bewitched (2005) e dirixiu algúns episodios das series de televisión According to Jim e United States of Tara.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana Categoría:Estadounidenses de ascendencia escocesa Categoría:Finados por diabetes Categoría:Alumnos da Universidade de Novo México