Moh Kouyaté ou Moh! Kouyaté nado en Conakry o 21 de abril de 1977, é un cantante e guitarrista guineano residente en París. As súas composicións son unha ponte entre as súas raíces mandingas e inspiracións contemporáneas do blues, do jazz ou do pop.

Traxectoria Primeiros anos en Guinea Nado no seu dunha familia djelis (griots), comezou aprendendo a tocar o balafon, instrumento emblemático da tradición mandinga, cuxos potenciais rítmicos e melódicos salientan para cancións que celebran a coraxe e a solidariedade, que instrúen ou consolan. Mentres o seu pai lle transmitiu os primeiros rudimentos de guitarra, foia a súa avoa a que o incitou a involucrarse na tradición familiar e lle ofrece o seu primeiro instrumento de corda. Segundo as súas palabras. "Ela tivo un papel moi especial na miña vida. Dormía na súa casa, comía con ela, ela dábame moito amor. Foi ela a que mercou un ukelele no mercado, cando tiña doce anos, e me dixo que un griot novo tiña que tocar e cantar.Elle a eu un rôle très particulier dans ma vie. Je dormais chez elle, je mangeais avec elle, elle m’apportait beaucoup d’amour. C’est elle qui m’a acheté un ukulélé au marché, quand j’avais une douzaine d’années, et qui m’a dit qu’un jeune griot devait jouer et aussi chanter.

Dende mozo, acompañou a seu pai en cerimonias e festas, mais axiña se desenvolve como músico e crea o seu propio grupo, o "Conakry Cocktail", o cal marcará as súas actuacións na capital guineana, Conakry. Moitos dos seus músicos son os seus irmáns, sendo fiel a unha tradición que fai que a familia teña un lugar privilexiado na práctica e na transmisión musical. Con influencias que son unha homenaxe ás iconas da música guineana, como o Bembeya Jazz e o seu guitarrista Sékou Diabaté, o guitarrista de Salif Keïta, Ousmane Kouyaté, e sobre todo Sory Kandia Kouyaté, tamén mestura son contemporáneos de George Benson, de Carlos Santana ou de Ben Harper. Jimi Hendrix tamén foi unha grande influencia para Moh! Kouyaté durante as súas improvisacións libres.

Instalación en Francia Despois de marchar a Francia, estrea o seu primeiro álbum Cilo, e despois un segundo, Loundo (que quere dicir «Un día» en mandinga), froito de anos de maduración profesional.

Despois de dous anos de xiras con Loundo, lanzou o seu terceiro álbum, Fe Toki en setembro de 2017,, o cal presentou en directo en New Morning, en París.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Conakry Categoría:Cantantes de Guinea