Cyberun é un videoxogo desenvolvido por Ultimate Play The Game para ZX Spectrum en 1986. Apareceron versións tamén para Amstrad CPC e MSX. Cyberun é un arcade formado no que temos por misión recoller unha serie de cristais que despois se transformarán en cybernita, a principal fonte de enerxía do Universo. Para realizar a nosa misión primeiro teremos que recompoñer a nave, xa que está dividida en oito anacos esparexidos pola superficie do planeta.
Categoría:Videoxogos de 1986 Categoría:Videoxogos de ciencia ficción