Ángel Álvarez Rego, finado en Aranga o 26 de xuño de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Formaba parte da IV Agrupación Pasionaria do Exército Guerrilleiro de Galicia, comandada por Marcelino Rodríguez Fernández (Marrofer). Foi reclamado en abril de 1946 polo xuíz militar da Coruña como encartaddo na causa 75/46 xunto con Ángel Asareo Rivas, Marcelino Fernández Villanueva, Marcelino Rodríguez Fernández, Rafael Casabella Souto, Guillermo Lozano, Víctor López Rodríguez, Marcelino Fernández Fernández, José Santiago Temprano, José Castro Veiga, José Basanta Basanta, Luis Sánchez Vázquez, León Araújo, Ciriaco Arroyo e Antonio Somoza.La Voz de Galicia, 3-4-1946, p. 2. Avistado o seu grupo por unha contrapartida en Milreu, no concello de Aranga, o 26 de xuño de 1946, foi executado xunto cos guerrilleiros Marcelino Rodríguez Fernández, Lisardo Freijo López e José Doldán.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Finados en 1946