Elvira Albelda Conejero, coñecida como Valenciana, nada en Navarrés (provincia de Valencia) o 15 de agosto de 1912 e finada en Montpellier (Francia) o 10 de maio de 2000, foi unha política comunista española.

Traxectoria Estudou na Universidade de Valencia. Ingresou no PCE en 1935. Durante a guerra civil española foi concelleira de Valencia e secretaria xeral do Comité Provincial da Agrupación de Mujeres Antifascistas en Valencia, cargo no que substituíu a Pilar Soler. Colaborou na revista Pasionaria, editada por AMA en Valencia. Ao rematar a guerra foi detida polos franquistas e encarcerada. Ao saír en liberdade, marchou a Coruña, onde formou parte do Comité Rexional de Galicia, con Alberto González García.

En setembro de 1941 evitou ser apresada na redada policial que sucedeu á caída de Eleuterio Lobo, na que foron detidos varios dirixentes comunistas procedentes de América en Portugal e varios militantes do PCE en Madrid e Galicia como Alberto Puente e Francisco Barreiro Barciela. Marchou a Madrid, pasando a formar parte, primeiro do Comité Provincial e, despois, do Comité Central Provisional do PCE, dirixido por Jesús Bayón. Detida na primavera de 1942, foi internada na Prisión de mulleres de Ventas de Madrid. Fuxiu do cárcere en compañía de María Asunción Rodríguez o 15 de xaneiro de 1945.Segundo Calixto Tellado, en novembro de 1944. Logo de permanecer durante un ano escondida en Madrid, sen traballar para o PCE, marchou a Montesa (provincia de Valencia) onde vivía a súa nai. Coa axuda de dous guías pasou a Francia por Saint Laurent, dirixíndose despois a Decazeville (Aveyron) onde vivía o seu irmán Teodoro, traballando nun restaurante.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Memorial democrático lahistoriaenlamemoria.blogspot.com

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Navarrés Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 2000