Lyrurus mlokosiewiczi, coñecido vulgarmente como galo lira do Cáucaso ou galo lira caucásico, é unha especie de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas comprendidas no xénero Lyrurus.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1875 polo zoólogo polaco, especializado en ornitoloxía, Wladyslaw Taczanowski, co nome de Tetrao mlokosiewiczi.
Etimoloxía Para a do xénero, véxase Lylurus.
O epíteto específico, mlokosiewiczi, é unha homenaxe de Taczanowski ao seu compatriota o naturalista Ludwik Mlokosiewicz.
Nomes vulgares Na maioría dos idiomas modernos a especie coñécese como galo lira do Cáucaso ou galo lira caucásico, coas adaptacións pertinentes a cada unha das linguas.
Nota taxonómica Algúns autores aínda designan a especie polo seu basónimo, Tetrao mlokosiewiczi, que foi substituído polo actual recentemente.Segundo a clasificación IOC 4.1 (da International Ornithologists' Union).
Características Moi semellante en forma, tamaño e costumes ao galo lira común, do que se diferencia sobre todo porque as plumas da cola dos machos teñen a forma de lira menos marcada.
O macho adulto é maior que a femia, como é usual nos fasiánidos, e mide de 50 a 55 cm de lonxitude, mentres que a femia só alcanza de 37 a 42 cm. A plumxe do macho é negra, agás nas cellas de cor vermella; a da femia é gris con algunhas manchas máis escuras.
É quizais o menos coñecido de todos os galos do mundo.
Hábitat e distribución Como especie fundamentalmente terrícola vive en zonas de monte baixo, en ladeiras poboadas con rododendros ou outras matogueiras, nas montañas do sueste de Europa (Cáucaso) e zonas adxacentes (nordeste de Turquía e noroeste de Irán).
Status Inicialmente cualificado como unha especie con datos insuficientes pola UICN, unha investigación recente mostra que a súa poboación está diminuíndo en certa medida, e por iso, a partir de 2008, está catalogada case ameazada.BirdLife International (2016): Lyrurus mlokosiewiczi na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 5 de xaneiro de 2019.
A súa poboación estimouse en 2006 en ao redor de 70 000 espécimes.
Os esforzos para a súa conservación inclúen fomentar o ecoturismo, como unha maneira de promover o coñecemento desta ave e o seu hábitat.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bruun, P. & Singer, A. (1971): Guía de las aves de Europa. Barcelona: Ediiones Omega, S A. Dickinson, E. C., ed. (2003): The Howard & Moore Complete Checklist of the Birds of the World. 3nd ed. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6536-9.
Outros artigos Aves Galiformes Fasiánidos Tetraoninos Lyrurus
Ligazóns externas
Categoría:Fasiánidos Categoría:Aves de Europa Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1875