O voo 1 de American Airlines era un servizo regular doméstico de pasaxeiros entre o aeroporto Idlewild en Nova York e o aeroporto dos Ánxeles. O día 1 de marzo de 1962 o Boeing 707 deuse a volta e esnafrouse na Jamaica Bay dous minutos despois da engalaxe, matando os 87 pasaxeiros e 8 tripulantes a bordo. Unha investigación da Xunta de Aeronáutica Civil (CAB) determinou que un defecto de fabricación no sistema do piloto automático levou a unha entrada no sistema de control do temón non comandada, causando o accidente, no que morreron bastantes personalidades notables. Foi o quinto accidente fatal dun Boeing 707 e, no seu momento, o que máis vítimas tivo.
Avión O aparello era un Boeing 707-123B con rexistro N7506A. Fora entregado a American Airlines o 12 de febreiro de 1959. No momento do accidente o avión acumulaba 8 147 horas de voo. A súa derradeira inspección periódica fora o 18 de xaneiro, con 7 922 horas de voo.
Notas
American Airlines 0001 American Airlines American Airlines