Dácil ou Dacila é o nome dunha aborixe guanche da illa de Tenerife, filla do rei ou mencey Bencomo durante a conquista europea das illas Canarias no século XX.

Trátase dunha das protagonistas do poema épico Antigüedades de las Islas Afortunadas de Antonio de Viana, publicado en 1604, estando considerada por algúns historiadores modernos como unha personaxe ficticia.

Segundo outros investigadores a personaxe existiu pero a lenda é falsa, xa que Dácil, filla de Bencomo e bautizada como Dona Mencia Bencomo, casaría con Adjoña, antigo mencey de Abona bautizado como Gaspar Hernández. Mentres que a outra filla de Bencomo casou con Juan Doramas, fillo do heroe de Gran Canaria Doramas.

Algúns autores traducen o nome de Dácil como 'pegada, paso'.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Conquista das Illas Canarias

Categoría:Conquista das Illas Canarias Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Nados en 1460