Francisco Pérez Crespo, nado en Marín e finado en Arévalo o 4 de xuño de 1970,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 10-6-1970, p. 17. foi un empresario e político galego.
Traxectoria Fundador das industrias pesqueiras Safricope e Pesmar. No franquismo foi nomeado alcalde de Marín en 1943. Permaneceu no cargo até 1957. Foi procurador en Cortes como representante da Organización Sindical (1946-1949) e deputado provincial. Finou en Arévalo en xuño de 1970 a consecuencia dun accidente de tráfico no que tamén morreu o conselleiro de Presmar José Luís Presas García.
Recoñecementos Fillo predilecto de Marín, medalla de Ouro de Marín e imposición do seu nome a un barrio de Marín en 1971.El Pueblo Gallego, 2-5-1971, p. 13.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Alcaldes de Marín
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Alcaldes de Marín Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Marín Categoría:Finados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en accidente de tráfico