A primeira cruzada (1096–1099) iniciou o complexo fenómeno histórico de campañas militares, peregrinacións armadas e expansión colonial en Oriente Próximo, que convulsionou esta rexión entre os séculos XI e XIII e que é denominado pola historiografía como as cruzadas.
Aproveitando a chamada de auxilio do emperador bizantino Aleixo I Comneno, enfrontado cos turcos selxúcidas, o papa Urbano II predicou en 1095 nos diferentes países cristiáns da Europa Occidental a conquista da chamada Terra Santa. Ao intento errado de Pedro o Ermitán, seguiu a mobilización dun exército organizado, inspirado polo ideal da guerra santa e liderado por nobres principalmente provenientes do reino de Francia e do Sacro Imperio Romano Xermánico, que foi nutríndose no seu avance de cabaleiros, soldados e numerosa poboación, até transformarse nun fenómeno de migración masiva. Os cruzados penetraron no chamado Sultanato de Rüm e avanzando cara ao sur, foron apoderándose de diversas cidades e rexeitando as forzas enviadas na súa contra polos gobernadores divididos nas súas disputas internas, ata que penetrando nos territorios da dinastía fatimí, conquistaron o 15 de xullo de 1099 a cidade de Xerusalén, formando o Reino de Xerusalén.
A primeira cruzada supuxo politicamente a constitución dos Estados Latinos de Oriente e a recuperación para o Imperio bizantino dalgúns territorios, á vez que significou un punto de inflexión na historia das relacións entre as sociedades da área mediterránea, marcado por un período de expansión do poder do mundo occidental e polo uso do fervor relixioso para a guerra. Tamén permitiron aumentar o prestixio do papado e o rexurdir, tras a caída do Imperio romano, do comercio internacional e do incremento dos intercambios que favoreceron a revitalización económica e cultural do mundo medieval.
Contexto histórico As orixes das cruzadas en xeral, especialmente a primeira cruzada, proveñen dos acontecementos máis temperáns da Idade Media. A consolidación do sistema feudal en Europa occidental tras a caída do Imperio carolinxio, combinada coa relativa estabilidade das fronteiras europeas tras a cristianización dos viquingos e maxiares, supuxera o nacemento dunha nova clase de guerreiros alfa (a cabalaría feudal) que se atopaban en continuas loitas internas, suscitadas pola violencia estrutural inherente ao propio sistema económico, social e político.
Por outra banda, a comezos do século VIII, o califato dos Omeias lograra conquistar de forma moi rápida Exipto e Siria de mans do cristián Imperio bizantino, así como o norte de África. As conquistas estendéronse até a Península Ibérica, acabando co reino visigodo. Desde o mesmo século VIII ponse freo en Occidente a esa expansión, coas batallas de Covadonga (722) e de Poitiers (732), e o establecemento dos reinos cristiáns do norte peninsular e do Imperio carolinxio, no que supuxeron os primeiros esforzos dos caudillos cristiáns por capturar territorios perdidos fronte aos gobernantes musulmáns, e que se expresarían ideoloxicamente a partir do corpus cronístico asturleonés no que máis tarde se denominou Reconquista Española. A partir do século XII tivo factores comúns coas cruzadas orientais (bulas papais, ordes militares, presenza de cruzados europeos).
O factor causante máis visible que contribuíu ao cambio da actitude occidental fronte aos musulmáns de oriente ocorreu no ano 1009, cando o califa fatimí Husein al-Hakim Bi-Amrillah ordenou destruír a igrexa do Santo Sepulcro.
Outros reinos musulmáns que emerxeron tras o colapso dos Omeias, como a dinastía aglabí, invadiran Italia no século IX. O estado que xurdiu nesa rexión, debilitado polas loitas dinásticas internas, converteuse nunha presa fácil para os normandos que capturaron Sicilia en 1091. Pisa, Xénova e o Reino de Aragón comezaron a loitar contra os reinos musulmáns na procura do control do mar Mediterráneo, exemplos do cal podemos atopar na campaña Mahdia e nas batallas que tiveron lugar en Mallorca e en Sardeña.
A idea da guerra santa contra os musulmáns finalmente calou na poboación e resultou unha idea atractiva para os poderes tanto relixiosos como seculares da Idade Media europea, así como para o público en xeral. En parte, esta situación viuse favorecida polos éxitos militares dos reinos europeos no Mediterráneo. Á vez, xurdiu unha nova concepción política que englobaba á cristiandade no seu conxunto, o cal supuña a unión dos distintos reinos cristiáns por primeira vez e baixo a guía espiritual do papado e a creación dun exército cristián que loitase contra os musulmáns. Moitas das terras islámicas foran anteriormente cristiás, e sobre todo aquelas que formaran parte do Imperio romano tanto de oriente como de occidente: Siria, Exipto, o resto do norte de África, Hispania, Chipre e Xudea. Por último, a cidade de Xerusalén, xunto co resto de terras que a rodeaban e que incluían os lugares nos cales Cristo vivira e morrera, eran especialmente sacras para os cristiáns.
En calquera caso, é importante aclarar que a primeira cruzada non supuxo o primeiro caso de guerra santa entre cristiáns e musulmáns inspirada polo papado. Xa durante o papado de Alexandre II, este predicou a guerra contra o infiel musulmán en dúas ocasións. A primeira ocasión foi durante a guerra dos normandos na súa conquista de Sicilia, en 1061, e o segundo caso enmarcouse dentro das guerras da Reconquista española, na cruzada de Barbastro de 1064. En ambos os casos o papa ofreceu a Indulxencia aos cristiáns que participasen.
En 1074, o papa Gregorio VII chamou aos milites Christi («soldados de Cristo») para que fosen en axuda do Imperio bizantino. Este sufrira unha dura derrota na batalla de Mantzikert (1071) a mans dos turcos selxúcidasRunciman, The First Crusade, p. 39. que abriu as portas de Anatolia aos turcos, que estableceron varios sultanatos na península. A conquista de Anatolia pechara as rutas terrestres aos peregrinos que se dirixían a Xerusalén. A súa chamada, aínda que foi amplamente ignorada e mesmo recibiu bastante oposición, xunto co gran número de peregrinos que viaxaban a Terra Santa durante o século XI, serviu para enfocar gran parte da atención de occidente nos acontecementos de orienteAsbridge, Thomas. The First Crusade: A New History, the Roots of Conflict Between Christiniaty and Islam. Oxford: Oxford University Press, 2004, pp. 15-20.. Algúns monxes como Pedro de Amiens o Ermitán ou Walter o indixente, que se dedicaron a predicar os abusos musulmáns fronte aos peregrinos que viaxaban a Xerusalén e outros lugares sacros de oriente, encirraron aínda máis o lume das cruzadas.
Aleixo Comneno, que xa empregara anteriormente a mercenarios normandos e doutros países de occidente, escribiu unha carta ao papa Urbano II, solicitándolle o seu apoio e o envío de novos mercenarios que loitasen por Bizancio contra os turcos.
Finalmente, sería o propio Urbano II quen estendeu entre o público a primeira idea dunha cruzada para capturar a Terra Santa. Tras o seu famoso discurso no concilio de Clermont (1095), no que predicou a primeira cruzada, os nobres e o clero presente comezaron a gritar as famosas palabras, Deus vult! (en latín, «Deus quéreo!»)Runciman, The First Crusade, p. 62..
A predicación de Urbano II provocou un estalido de fervor relixioso tanto no pobo como na pequena nobreza (non así nos reis, que non participaron nesta primeira expedición).
Oriente a finais do século XI esquerda|miniatura|350x350px|Mapa do Califato omeia no momento da súa máxima extensión. Cara ao leste, o veciño máis próximo da cristiandade occidental era a cristiandade oriental: o Imperio bizantino, un imperio cristián que desde o Cisma de Oriente de 1054 rompera explicitamente os seus vínculos co papa de Roma, cuxa autoridade deixou de recoñecerse (de feito, nunca se aceptou máis que como a dunha primum inter pares xunto aos patriarcas). Sutís diferenzas dogmáticas (a cláusula Filioque e a eucaristía acimita ou procimita) permitiron definir a oposición entre a Igrexa católica occidental e a Igrexa ortodoxa oriental. As últimas derrotas militares do Imperio bizantino fronte aos seus veciños provocaran unha profunda inestabilidade que só se solucionaría co ascenso ao poder do xeneral Aleixo I Comneno como basileus (emperador). Baixo o seu reinado, o imperio estaba confinado en Europa e a costa oeste de Anatolia e enfrontábase a moitos inimigos, cos normandos ao oeste e os selxúcidas ao leste. Máis cara ao leste, Anatolia, Siria, Palestina e Exipto atopábanse baixo o control musulmán, aínda que até certo punto fragmentadas por cuestións culturais na época da primeira cruzada. Este feito contribuíu ao éxito desta campaña.
Anatolia e Siria achábanse baixo dominio dos selxúcidas sunnitas, que antigamente formaran un grande imperio, pero que nese momento estaban divididos en Estados máis pequenos. O sultán Alp Arslan derrotara ao Imperio bizantino na batalla de Manzikert, en 1071, e lograra incorporar gran parte de Anatolia ao imperio. Con todo, o imperio dividiuse tras a súa morte ao ano seguinte. Malik Shah I sucedeu a Alp Arslan e continuaría reinando até 1092, período no que o imperio selxúcida se enfrontaría á rebelión interna. No Sultanato de Rüm, en Anatolia, Malik Shah I sería sucedido por Kilij Arslan I, e en Siria polo seu irmán Tutush I, que morreu en 1095. Os fillos deste último, Radwan e Duqaq, herdaron Alepo e Damasco, respectivamente, dividindo Siria aínda máis entre distintos emires enfrontados entre eles e enfrontados tamén con Kerbogha, o atabeg de Mosul.Runciman, The First Crusade, p. 45. Todos estes Estados estaban máis preocupados en manter os seus propios territorios e en controlar os dos seus veciños que en cooperar entre eles para facer fronte á ameaza cruzada.
Noutros lugares do que nominalmente era territorio selxúcida consolidouse tamén a dinastía artúquida. En particular, esta nova dinastía dominaba o noroeste de Siria e o norte de Mesopotamia, e tamén controlou Xerusalén até 1098. Ao leste de Anatolia e ao norte de Siria fundouse un novo Estado, gobernado pola que se coñecería como a dinastía dos danisméndidas por ser fundada por un mercenario selxúcida coñecido como Danishmend. Os cruzados non chegaron a ter ningún contacto significativo con estes grupos até despois da cruzada. Por último, tamén hai que ter en conta aos nizarís, que por entón estaban a comezar a ter certa relevancia nos asuntos sirios.Runciman, The First Crusade, p. 40.
Mentres a rexión de Palestina estivo baixo dominio persa e durante a primeira época islámica, os peregrinos cristiáns foron, en xeral, tratados correctamente. Un dos primeiros gobernantes islámicos, o califa Umar ibn al-Jattab, permitía aos cristiáns levar a cabo todos os seus rituais salvo calquera tipo de celebración en público.Runciman, The First Crusade, p. 9. No entanto, a comezos do século XI, o califa fatimí Husein al-Hakim Bi-Amrillah empezou a perseguir os cristiáns en Palestina, persecución que levaría, en 1009, á destrución do templo máis sacro para eles, a igrexa do Santo Sepulcro. Máis adiante suavizou as medidas contra os cristiáns e, en lugar de perseguilos, creou un imposto para todos os peregrinos desa confesión que quixesen entrar en Xerusalén. Con todo, o peor estaba aínda por chegar: Un grupo de turcos musulmáns, os selxúcidas, moi poderosos, agresivos e fundamentalistas en canto á interpretación e cumprimento dos preceptos do islam, comezou o seu ascenso ao poder. Os selxúcidas vían aos peregrinos cristiáns como contaminadores da fe, polo que decidiron terminar con eles. Nese momento empezaron a xurdir historias cheas de barbarie sobre o trato aos peregrinos, que foron pasando na fala da xente até a cristiandade occidental. Estas historias, no entanto, en lugar de disuadir aos peregrinos, fixeron que a viaxe a Terra Santa se tinguise dunha aura moito máis sacra da que xa tiña con anterioridade.