Luis Fernando Laiseka Urrutia (Sodupe, Gueñes, 1948), coñecido como Luis Laiseka, é un coñecido político vasco de ideoloxía independentista vasca, concelleiro do Concello de Güeñes e ex secretario xeral de HB e EH, entre outros cargos.

Traxectoria Luis Laiseka naceu en Sodupe en 1948. Cando era novo, en 1968, foi detido pola Garda Civil e foi torturado. Polas circunstacias sociais, decidiu involucrarse na política.

Desde mozo afiliouse a Acción Nacionalista Vasca (EAE-ANV). Foi cabeza de lista e candidato a alcalde en Güeñes nas eleccións do 28 de maio de 1995 polo partido político Herri Batasuna. O partido obtivo 2 concelleiros e el exerceu de concelleiro, de líder da oposición e de Portavoz do grupo municipal Herri Batasuna no Concello de Güeñes e tamén foi o secretario xeral de Herri Batasuna en Güeñes.

Nas seguintes eleccións, nas eleccións municipais do 13 de xuño de 1999, despois de que HB fose ilegalizada, Laiseka foi cabeza de lista e candidato a alcalde en Güeñes polo partido político Euskal Herritarrok, o cal volveu obter 2 concelleiros e Luís Laiseka volveu ser concelleiro, líder da oposición e Portavoz do grupo municipal EH no Concello de Güeñes e tamén foi o secretario xeral de EH en Güeñes. Laiseka tamén foi candidato a juntero ás Xuntas Xerais de Biscaia.

En 2003, como o partido político Euskal Herritarrok foi disolto e o Tribunal Supremo ilegalizó os partidos políticos Herri Batasuna e Batasuna, Laiseka e outros veciños de Güeñes promoveron candidaturas populares municipais. No caso de Güeñes presentáronse baixo a candidatura Güeñesko Abertzale Sozialistak (en galego, Socialistas Nacionalistas de Güeñes), GUAS, ás eleccións municipais de España de 2003, onde se presentaron diferentes persoas independentes, entre elas, a súa filla Ziortza Laiseka Alcoceba.

Laiseka tamén fundou xunto con outros a coñecida asociación cultural e recreativa de Güeñes Herriko Geltokia (en galego, a estación do pobo), a cal preside, fundando a Herriko Taberna. En 2015 o Tribunal Supremo incluíuna nas listas de Herriko Tabernas que se deben clausurar.

Está casado con Paquita Alcoceba, política e activista vasca, representante de Gure Esku Dago e unha dos fundadores de Gure Esku Dago Güeñes, e o seu cuñado é Arturo Alcoceba, coñecido xornalista e activista do País Vasco.

Notas

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Políticos de Herri Batasuna Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Nados en Güeñes