American Graffiti é unha película estadounidense do ano 1973 dirixida por George Lucas. En 1995 a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América considerou a película como «culturalmente, historicamente ou esteticamente relevante» e foi elixida para a súa preservación no National Film Registry. Fíxose unha secuela da película en 1979, Máis American Graffiti.
Argumento Un grupo de adolescentes de Modesto, California saen de xolda a última noite de verán de 1962 xa que ó día seguinte cada un deles emprenderá un camiño diferente, afrontando as súas responsabilidades como adultos.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos A película ganou dous Globos de Ouro en 1974 a mellor película - comedia ou musical e mellor actor revelación, concedido a Paul Le Mat, foi nomeada tamén a mellor director e a mellor actor - comedia ou musical (Richard Dreyfuss). Tamén obtivo cinco nomeamentos ós Premios Óscar; a mellor película, mellor director, mellor actriz secundaria (Candy Clark), mellor guión orixinal e mellor montaxe. Outros nomeamentos destacados son mellor actriz secundaria para Cindy Williams nos BAFTA, Goerge Lucas para o Directors Guild of America Award for Outstanding Directing e mellor comedia orixinal para o Writers Guild of America. Foi escollida polo American Film Institute como unha das mellores películas de cine estadounidense, nunha lista elaborada para conmemorar os 100 anos do cinema en 1998.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Filmes de 1973 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes dirixidos por George Lucas Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes ambientados en 1962