A carpintaría de ribeira é a industria de construción artesanal de barcos de madeira. Malia contar con gran tradición nas costas galegas, durante o século XX a carpintaría de ribeira viu relegada a súa actuación en toda Europa á construción de pequenas embarcacións, diminuíndo moito o seu volume de traballoCartel explicativo da senda consteira peonil entre Castropol e As Figueiras, en Asturias. En 2019, por exemplo, en Asturias existe un único estaleiro de ribeira, sito na ría de Ribadeo. En países sen grandes estaleiros, esta actividade continúa puxante.

A construción de embarcacións de cabotaxe deu o seu nome a estas carpintarías, que cubriron dende antigo a construción de pequenas barcas, pero tamén ata finais do século XIX outras embarcacións de máis calado como corvetas, goletas ou bergantíns.

A carpintaría de ribeira nace coa navegación, e os primeiros testemuños da existiencia desta técnica corresponden ao Antigo Exipto, onde se practicaba dende o ano 3000 a.C. miniatura|Estaleiro de buques de madeira. Taller de carpintaría de ribeira na Lieira, Castropol, sobre a ría de Ribadeo.

Técnica de construción Previo Selección da madeira Para as pezas máis importantes da estrutura (roda, codaste, cadernas) emprégase madeira con dureza e curvatura ideais: por exemplo, carballo. As pezas longas, quilla e sobrequilla, madeira de troncos longos e rectos, como eucalipto ou ciprés.

Almacenamento ó ár libre Para ter un grao ideal de humidade, a madeira almacénase ó ár por un tempo abondo.

Debuxo de planos Antes de comezar a construción, fanse os debuxos na mesa de gálibo. miniatura|Estaleiro do Purro en Bueu

Desenvolvemento da construción Quilla, roda e codaste A construción comeza coa quilla, na que se van unir roda (que constitúe a armazón da proa) e codaste (da popa). Estas tres pezas afírmanse con dormentes, para dar rixidez ó conxunto.

Cadernas Ó conxunto anterior únenselle as cadernas. As primeiras en ser colocadas son as chamadas terzo de proa e terzo de popa, que se sitúan nos terzos anterior e posterior da medida total da quilla. Logo van incorporándose o resto, en cantidade variable segundo o tamaño da embarcación. En barcos de maior porte, as cadernas afírmanse sobre a quilla sobrepoñendo a esta a sobrequilla.

Vaus Ás cadernas únenselle, de costado a costado a nivel de cuberta, os vaus que a van soportar. O conxunto ata aquí constitúe a obra morta.

Forro do casco O casco entabóase a partir da obra morta: dende o alto até a liña de flotación, para seguir dende a quilla até rematar coa obra morta xa entaboada, dando así a obra viva.

Calafateo alt=Cartel da ruta costeira Castropol-As Figueiras con información sobre a carpintaría de ribeira na zona da Lieira, na ría de Ribadeo.|miniatura|Cartel da ruta costeira Castropol-As Figueiras con información sobre a carpintaría de ribeira na zona da Lieira, na ría de Ribadeo. Sélanse as aberturas entre as táboas do casco colocando pabío de algodón trenzado, cun mazo e ferramenta de calafateo (semellante a unha cuña metálica).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Escola de Navegación Tradicional Dorna

Ligazóns externas Proxecto Gentes del Mar financiado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Trata de poñer en valor o oficio de carpinteiro de ribeira a traverso de técnicas de produción gráfica innovadoras como a técnica bundler, a retrofotografía e a paralaxe

Categoría:Construción Categoría:Carpintaría