Patrick Beverley, nado o 12 de xullo de 1988 en Chicago, Illinois, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional O 25 de xuño de 2009, Beverley foi seleccionado na 42ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Los Angeles Lakers. O día seguinte, os seus dereitos do Draft foron traspasados ós Miami Heat a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2011.

O 7 de xaneiro de 2013, Beverley asinou un contrato de varios anos cos Houston Rockets, e foi inmediatamente asignado ós Rio Grande Valley Vipers da NBA Development League. Fixo o seu debut na NBA o 15 de xaneiro de 2013, na derrota dos Rockets por 117-109 contra os Los Angeles Clippers.

O 28 de xuño de 2017, Beverley foi traspasado ós Los Angeles Clippers xunto a Sam Dekker, Montrezl Harrell, Darrun Hilliard, DeAndre Liggins, Lou Williams, Kyle Wiltjer e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018, a cambio de Chris Paul. O 12 de xullo de 2019, Beverley acordou cos Clippers un novo contrato por tres anos.

O 16 de agosto de 2021, Beverley foi traspasado xunto a Daniel Oturu e Rajon Rondo ós Memphis Grizzlies a cambio de Eric Bledsoe. Nove días máis tarde, os Grizzlies traspasaron a Beverley ós Minnesota Timberwolves a cambio de Jarrett Culver e Juancho Hernangómez.

O 6 de xullo de 2022, Beverley foi traspasado ós Utah Jazz xunto a Malik Beasley, Jarred Vanderbilt, Leandro Bolmaro, e os dereitos do Draft de Walker Kessler, ademais de catro elección da primeira rolda do Draft e un intercambio de eleccións da primeira rolda do Draft de 2026, a cambio de Rudy Gobert. O 25 de agosto de 2022, foi traspasado de novo sen chegar a debutar cos Jazz, desta vez ós Los Angeles Lakers, a cambio de Stanley Johnson e Talen Horton-Tucker. O 18 de outubro de 2022, Beverley debutou cos Lakers, facendo tres puntos na derrota por 123–109 contra os Golden State Warriors.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores do BC Dnipro Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Xogadores do BC Spartak San Petersburgo Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers