Lois González Dopazo, nado en Macenlle (Marín) o 6 de decembro de 1955, é un profesor universitario e fisioterapeuta galego.

Traxectoria miniatura|Presentando un acto no Ateneo Santa Cecila de Marín que preside (25/01/2019), con Rafael Quintía, Buenaventura Aparicio e Valentín G. Bóveda (neto de Alexandre Bóveda) Estudou no Instituto Laboral de Marín. Na Universidade de Santiago de Compostela cursou ao mesmo tempo Axudante Técnico Sanitario con estudos de Xeografía e Historia. Despois, na Universidade Complutense de Madrid diplomouse en Fisioterapia. Tamén se licenciou en Fisiatría e Kinesiterapia, ademais de Terapeuta Bobath e especialista en pacientes Neurolóxicos.

Traballou no Hospital Ramón y Cajal de Madrid, no H. Montecelo de Pontevedra e no Sanatorio de Marín. En 1992 creou o Centro de Fisioterapia Lois en Marín.

En 1995 comezou a exercer de profesor asociado e logo desde 1998 na Universidade de Vigo, na Escola universitaria de Fisioterapia no Campus de Pontevedra, xubilándose en 2017. Nesta facultade promoveu actividades relacionadas coa fisioterapia, a neurorrehabilitación e as doenzas neuromusculares.

Desde 1980 formou parte da Asociación de Cultura e Arte Santa Cecilía de Marín (Ateneo Santa Cecilia), integrándose na Xunta directiva como vogal e logo como Presidente, onde tamén realizou varios relatorios sobre o patrimonio arqueolóxico da contorna. En Buguina, revista do Ateneo Santa Cecilia, publicou artigos sobre o Entroido e os Maios en Marín.

Participou na creación do grupo folclórico Airiños de San Xulián e no Club Ciclista de Marín, do que tamén foi Presidente promovendo as Ciclo-Marchas Histórico-artísticas. Tamén fundadou a Asociación Deportivo-Cultural Os Da Caña de San Xulián.

Foi Presidente da Comisión Xestora que creou a Federación Galega de Ciclismo e fisioterapeuta da Federación Española de Ciclismo de 1985 a 1987. Tamén presidiu a Asociación Española de Terapeutas formados no Concepto Bobath (AETB).

En 1982 foi concelleiro en Marín polo Partido Galeguista.

Notas

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Marín Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid