Andrew Michael Burnett, nado o 23 de maio de 1952, é un numismático e conservador museístico británico especializado na moeda da Antiga Roma."Dr Andrew Burnett FBA. Numismatics Greek and Roman Numismatics". The British Academy."Dr Andrew Burnett FBA CBE". Gresham College.
Burnett graduouse na Universidade de Oxford e formouse tamén no Instituto de Arqueoloxía da Universidade de Londres."Dr Andrew Burnett CBE FBA ". En Royal Armouries.
Burnett dirixiu o Museo Británico desde 2003 ata 2013, e anteriormente fora conservador do Departamento de Moedas e Medallas desta institución entre 1992 e 2003.
En 2013 foi elixido presidente da Real Sociedade de Numismática, de Londres, cargo que ocupou ata 2018."Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
Recoñecementos O 6 de maio de 1982, Burnett foi elixido membro da prestixiosa Sociedade de Anticuarios de Londres e un ano máis tarde, en 2003, da Academia Británica, que é a academia do Reino Unido para as humanidades e as ciencias sociais."About the fellowship ". Society of Antiquaries of London.
En 2012 recibiu o nomeamento como Comendador da Orde do Imperio Británico "polos seus servizos ao Museo Británico e á numismática".The London Gazette. Suplemento 60009. Páxina 7. 31 de decembro de 2011.
En 2006 outorgóuselle o premio Ya’akov Meshorer, do Museo de Israel, en Xerusalén."The Ya'akov Meshorer Numismatic Prize". The Israel Museum, Jerusalem.
En 1993 recibiu a medalla da Royal Numismatic Society."The Society’s Medal". Na web de The Royal Numismatic Society. Desa mesma entidade xa recibira o premio Lhotka nas edicións de 1978, 1987 e 1991."The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
En 2020 foi galardoado co premio Derek Allen, da Academia Británica, "pola súa salientable contribución ao desenvolvemento do estudo das cuñaxes do Imperio Romano e unha carreira de servizo público"."Derek Allen Prize". The British Academy.
Burnett é profesor honorario de arqueoloxía da universidade pública londiniense University College London.
En 2016 foi elixido membro honorífico da Real Sociedade Numismática de Bélxica, con ocasión do 175 aniversario da institución."Membres honoraires – Honoraire leden (1/12/2017)". Socieété Royale de Numismatique de Belgique.
Na súa honra publicouse ademais un Festschrift académico en 2015, que foi editado por Roger Bland e Dario Calomino co título de Studies in Ancient Coinage in Honour of Andrew Burnett.Bland, R.; Calomino, D. (eds.). Studies in ancient coinage in honour of Andrew Burnett. Spink & Son. Londres. ISBN 978-1907427572Kampmann, U. "Studies in Ancient Coinage in Honour of Andrew Burnett". En Coins Week. 5 de novembro de 2015.
Publicacións numismáticas Roman Provincial Coinage
Xunto con outros autores, participa no proxecto Roman Provincial Coinage, da Universidade de Oxford e apoiado polo Museo Británico e a Biblioteca Nacional de Francia, e do que foi editor xeral. Este proxecto estuda e cataloga as moedas provinciais romanas desde a morte de César ata o século II d. de C. Algúns dos seus volumes previstos (e os seus suplementos de actualización) están publicados e outros aínda en proceso, aínda que accesibles a través da web."Team ". Roman Provincial Coinage Online."Project". Roman Provincial Coinage Online.
Estes son os volumes publicados da serie Roman Provincial Coinage coa participación de Burnett:"Roman Provincialo Coinage volumes and contributors". Roman Provincial Coinage Online.
(1992): The Roman Provincial Coinage. Vol. I. From the death of Caesar to the death of Vitellius (44 BC–AD 69). Con P. P. Ripollès e M. Amandry. Londres. ISBN 0 7141-0871-5 (1999): Roman Provincial Coinage. Vol. II. From Vespasian to Domitian (AD 69–96). Con M. Amandry e I. Carradice. ISBN 978-0714108988 (2015): Roman Provincial Coinage. Vol. III. From Nerva to Hadrian (AD 98–138). Con M. Amandry, W. Metcalf et al. (1998): Roman Provincial Coinage. Supplement 1. Con M. Amandry e P. P. Ripollès. (2006): Roman Provincial Coinage. Supplement 2. Con M. Amandry, P. P. Ripollès e I. Carradice. ISBN 978-84-690-5987-6. Texto en liña. (2014): Roman Provincial Coinage. Supplement 3. Con M. Amandry, P. P. Ripollès, I. Carradice et al. American Numismatic Society. Nova York. ISBN 978-0-89722-333-1. Texto en liña (2015): Roman Provincial Coinage. Consolidated supplement I-III. Con M. Amandry, A. Burnett, I. Carradice et al. General Editors. ISBN 978-1-910807-06-4. Texto en liña. (2017): Roman Provincial Coinage. Supplement 4. Con M. Amandry, A. Burnett et al. Texto en liña.
Coin Hoards from Roman Britain Andrew Burnett foi tamén autor e editor dalgúns volumes da serie Coin Hoards from Roman Britain, publicada polo Museo Británico, na que se catalogan e se analizan os achados de moedas romanas nas Illas británicas. Estes son os volumes da serie que contaron coa súa participación:
(1979): Coin Hoards from Roman Britain. Vol. 1. Con R. A. G. Carson. ISBN 9780861590049 (1981): Coin Hoards from Roman Britain. Vol. 2. ISBN 9780861590315 (1984): Coin Hoards from Roman Britain. Vol. 4. ISBN 9780861590438 (1984): Coin Hoards from Roman Britain. Vol. 5. ISBN 9780861590490 (1986): Coin Hoards from Roman Britain. Vol. 6. Con R. F. Bland. ISBN 9780861590582 (1987): Coin Hoards from Roman Britain. Vol. 7. ISBN 9780861590599 (1988): Coin Hoards from Roman Britain. Vol. 8. The Normanby hoard and other Roman coin hoards. Con R. F. Bland. ISBN 9780714108704
Outras obras Ademais dun bo número de artigos publicados fundamentalmente en revistas do ámbito numismático, Burnett é autor de diversas monografías, entre as que se poden destacar as seguintes:"Burnett, Andrew Michael ". En Digital Library Numis."Burnett, Andrew". En WorldCat."Andrew Burnett". En Dialnet.
(1977): The coins of late antiquity AD 400-700. British Museum. Londres. ISBN 9780714100678 (1981): Coin hoards from Roman Britain. Vol. 2. British Museum. Londres. Con R. A. G. Carson. ISBN 9780861590315 (1987): The Coinage of the Roman world in the Late Republic : Proceedings of a colloquium held at the British museum in September 1985. Bar Publishing. Oxford. Con M. H. Crawford. ISBN 9780860544203 (1987): Coinage in the Roman world. Spink & Son Ltd. Londres. ISBN 978-0900652844 (1998): Coins of Macedonia and Rome: essays in honour of Charles Hersh. Spink. Londres. Con R. Witschonke et al. ISBN 9781902040028 (1991). Coins (Interpreting the Past). University of California Press. Berkeley. ISBN 978-0520076280 (1991): La numismatique romaine. De la République au Haut-Empire. Ed. Errance. ISBN 978-2903442699 (2001): Behind the scenes at the British Museum. British Museum Press. Londres. Con J. Reeve. ISBN 978-0714121963 (2005): Coinage and Identity in the Roman Provinces. Oxford University Press. Con C. Hougego e V. Heuchert. (2017): Roman coins, money, and society in Elizabethan England : Sir Thomas Smith's On the wages of the Roman footsoldier. American Numismatic Society. Nova York. Con R. Simpson et al. ISBN 9780897223522 (2018): Coins of the Roman revolution (49BC-AD14) : evidence without hindsight. Classical Press of Wales. Con A. Powel. ISBN 9781910589762
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico
Ligazóns externas 2016 Salton lecture by Dr Andrew Burnet. American Numismatic Society. Medalla da British Art Medal Society dedicada a Andreu Barnett
Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados no Reino Unido Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Presidentes da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Galardoados co premio Derek Allen Categoría:Galardoados co premio Lhotka Categoría:Directores de museos Categoría:Membros da Academia Británica Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Escritores do Reino Unido Categoría:Historiadores do Reino Unido