Rayka Zehtabchi é unha directora e produtora iraniana-estadounidense, a primeira en recibir un premio Óscar. A súa curtametraxe documental: Period. End of Sentence. foi a gañadora da categoría mellor curtametraxe documental na 91ª edición dos Óscar, o 24 de febreiro de 2019.
Traxectoria O seu debut como directora foi coa curtametraxe iraniana Madaran, que foi proxectado a nivel mundial recadando varias mencións e premios, entre elas os premios do xurado nos festivais de cine Urbanworld e Cleveland International. Zehtabchi levou tamén o premio á mellor dirección no Festival Hollyshorts por esta a súa primeira curta. Esta cinta clasificouse para os nomeados na 89ª. edición dos Premios Óscars de Hollywood.
Paralelamente á realización da súa curta Period. End of Sentence, gañadora do Óscar á mellor curta documental en 2019, o equipo creou a organización sen ánimo de lucro The Pad Project co fin de mellorar as condicións de hixiene feminina a nivel do planeta e loitar contra a estigmatización da menstruación. Ademais do Óscar, esta curta levou os premios do xurado e da audiencia no Traverse City Film Festival e no AFI Fest, e o no SCAD Savannah Film Festival baixo a categoría Woman Walks Ahead .
Obras Moon + Stars (vídeo musical en colaboración con Spencer Dahl) Madaran (curtamentraxe) We home (curtametraxe) Shnoff (curtametraxe en colaboración con Sam Davis) Period. End of Sentence. (curtametraxe) What I wish you knew (anuncio para Netflix)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web persoal Conta de Twitter The Pad Project
Categoría:Directores de cinema de Irán Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1994