Fernando Arias Parga, nado en Rábade en 1909 e finado en Madrid o 24 de xullo de 1959,Necrolóxica en ABC foi un avogado, profesor e político galego.

Traxectoria Fillo de Fernando Arias Rodríguez. Estudou dereito na Universidade de Valladolid, onde foi presidente da Asociación de Estudantes de Dereito.Vida Gallega, 10-7-1932, p. 34. En 1930 foi detido por posesión de follas clandestinas.Heraldo de Castellón, 22-5-1930, p. 2. En 1932 gañou a cátedra de Dereito Internacional Público da Universidade de Madrid. Profesor auxiliar da Cátedra de Dereito Internacional Público da Universidade Central de 1932 a 1936. Doutor en Dereito pola Universidade Central de Madrid en 1934. Obtivo unha bolsa para estudar no Kaiser Wilhelm Institut en 1934. Durante a guerra foi xefe do Servizo de Información Militar de Andalucía e foi nomeado cónsul de Oujda. Despois da guerra colaborou no Instituto de Estudios Internacionales y Económicos e dende 1955 foi secretario técnico da Escuela de Funcionarios Internacionales. Finou en Madrid aos 50 anos.

Vida persoal

Casou con Francisca González Hernández, e foi pai de Fernando e Alicia Arias González. Notas

Véxase tamén Bibliografía

De la Muela, A. (1959). FERNANDO ARIAS PARGA (1909-1959). Revista Española De Derecho Internacional, 12(3), 474-475. Consultado en http://www.jstor.org/stable/44295018 De Luna, A. (1959). FERNANDO ARIAS. Revista Española De Derecho Internacional, 12(3), 473-474. Consultado en http://www.jstor.org/stable/44295017

Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid Categoría:Avogados de Rábade Categoría:Nados en Rábade Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1959