Ana Belén Rodríguez Rodríguez, coñecida polo pseudónimo Anna R. Figueiredo, nada en Ourense o 17 de setembro de 1979, é unha profesora e escritora galega.

Traxectoria Estudou secundaria no Colexio Marista Santa María de Ourense e licenciouse en Física na Universidade de Santiago de Compostela. Viviu durante 5 anos a cabalo entre Gran Bretaña e Santiago de compostela e doutorouse en 2009 na Universidade de Sheffield coa tese: The structure of all-polymer field effect transistors (O efecto da estrutura nos transistores poliméricos de efecto campo). Exerceu como profesora de Física e Tecnoloxía no ensino secundario en Santiago no Colexio La Salle e en 2020 no IES As Barxas de Moaña e noutros centros.

Colaborou tamén en banda deseñada a través de BD Banda (2008) e na publicación trimestral Contos estaños (2012).

En 2018 gañou o Premio Viadutos de Novela con Os bicos feridos. Na novela unha moza que emigra a Londres sostén unha trama en que “se van debullando temas de fondo calado como a importancia das redes sociais na vida moderna, a complexidade das relacións familiares, a maternidade ou o medo á morte”. Segundo Ramón Nicolás: "as páxinas de Os bicos feridos constrúense grazas a unha serie de diversas voces narrativas, tratadas con solvencia na súa singularidade, onde a presenza de recursos como son o uso das redes sociais ou ese continuo, e marabilloso, pano de fondo musical sempre presente, conforman unha novela intensa...".

En marzo de 2019 a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia presentou Feminismos. A historia cóntana as vencedoras no que Anna R. Figueiredo fai un percorrido da situación das mulleres dende a prehistoria ata o día de hoxe. A obra tamén fai un repaso do feminismo en Galicia, as vangardas e a loita polo apoderamento da muller no resto de España. miniatura|Presentando Tabiba de María Xosé Porteiro en Bueu, con Xabier Romero, a autora do libro e Santiago Ferragud. Organizador: Libraría Miranda. 8 de xuño de 2023. En 2020 asumiu a vicepresidencia da AELG.

Publicacións Novela Os bicos feridos (2018). Galaxia. 396 páxs. ISBN 978-84-9151-259-2. Ensaio Feminismos. A historia cóntana as vencedoras (2019). Galaxia. FIM, unha historia do Intercéltico (2024). Con Diego Seixo. Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-543-6. Obras colectivas

O libro dos trens (2018). Galaxia. Compostela. Relato Curto (2025). Xerais Publicacións colectivas de Ana Belén Rodríguez sobre Física J. C. Pinto, G. L. Whiting, S. Khodabakhsh, L. Torre, A. B. Rodríguez, R. M. Dalgliesh, A. M. Higgins, J. W. Andreasen, M. M. Nielsen, M. Geoghegan, W. T. S. Huck, e H. Sirringhaus "Organic thin film transistors with polymer brush gate dielectrics synthesized by atom transfer radical polymerization" Adv. Funct. Mater. 18 36-43 (2008). S. S. Chang, A. B. Rodríguez, A. M. Higgins, C. Liu, M. Geoghegan, H. Sirringhaus, F. Cousin, R. M. Dalgliesh e Y. Deng "Control of roughness at interfaces and the impact on charge mobility in all-polymer field-effect transistors" Soft Matter 4 2220-4 (2008). A. B. Rodríguez, M. M. Voigt, S. J. Martin, T. J. Whittle, R. M. Dalgliesh, R. L. Thompson, D. G. Lidzey, e M. Geoghegan "Structure of films of poly(3,4-ethylene dioxythiophene)-poly(styrene sulfonate) crosslinked with glycerol" J. Mater. Chem. 21 19324-30 (2011). miniatura|Presentando Biscoito de laranxa, de Daniel Chapela, en Bueu, 29 de xuño de 2024A. B. Rodríguez, M. R. Tomlinson, S. Khodabakhsh, J.-F. Chang, F. Cousin, D. Lott, H. Sirringhaus, W. T. S. Huck, A. M. Higgins, e M. Geoghegan "All-polymer field-effect transistors using a brush gate dielectric" J. Mater. Chem. C 1 7736-41 (2013).

Premios 2014: Gañadora do Premio Quintal Literario na ANL da Uvigo: Carrapuchiña liberada de Ana Belén Rodríguez Rodríguez. 2014: 1ª Premio do IV Concurso de Relatos de Inspiración Científica Inspiraciencia. Categoría: Galego-Adulto: O bosón G de Higgs de Ana Belén Rodriguez. 2015: XIII Certame de relato curto en galego “Concello de Mugardos” Letras Galegas 2015 “a nosa lingua, a nosa identidade”. Categoría iguais ou maiores de 18 anos: Mamacita!. Pseudónimo: Iseo Setelúas. 2018: Premio Viadutos de Novela.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web persoal da autora

Anna R. Figueiredo: «A emigración non ten nada de máxico». Entrevista de Borja Casal en La Voz de Galicia. 28/07/2018. Anna Figueiredo: “Creo nunha literatura que teña certo input social e que tamén supoña un reto”. Entrevista de Montse Dopico en Praza. 04/01/2019

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Personalidades da historia feminista Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Físicos de Galicia