Joseph Edmond Cribb, máis coñecido e citado como Joe Cribb, nado en Brighton, Sussex, o 30 de outubro de 1947, é un numismático británico especializando na moeda asiática, en particular nas emisións do Imperio Cuxano, e autor de varias obras de referencia acerca dos lingotes-moeda chineses e das moedas rituais do Sueste asiático."Joseph Edmond Cribb. Curriculum Vitae. 2016 ". en Academia.edu.
Traxectoria Cribb cusou o seu ensino secundario na escola católica de rapaces Gunnersbury Grammar School, en Londres, e posteriormente estudou Latín, Grego e Historia Antiga no Queen Mary College, da Universidade de Londres, onde se graduou en 1970. Posteriormente completou a súa educación superior estudando chinés moderno na Universidade de Westminster (1972-1974) e chinés clásico na Escola de Estudos Orientais e Africanos da Universidade de Londres (1987-1989).
Ingresou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico como investigador axudante, e posteriormente ocupou nesa institución o posto de conservador entre 2003 e 2010, data da súa xubilación. O seu traballo no museo centrouse inicialmente na colección de moeda chinesa e máis tarde foise estendendo a outros aspectos das cuñaxes da Asia central e meridional, como as emisións preislámicas da India, Bangladesh, Sri Lanka, Paquistán, Caxemira e Afganistán e, particularmente, as moedas dos reis cuxanos dos séculos I a IV da nosa era.
Durante o seu tempo no Museo Británico organizou a exposición permanente de moedas e medallas (1997-2012) e foi o comisario, entre outras, dunha grande exposición temporal sobre o diñeiro en 1986: From Cowrie Shells to Credit Cards ("Das cunchas de cauri ás tarxetas de crédito"). Do mesmo xeito, en 1992 foi o encargado de organizar outra grande exposición, no Museo Fitzwilliam da Universidade de Cambridge, titulada Crossroads of Asia ("Encrucillada de Asia").
Ademais da súa dedicación ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, Cribb foi presidente da Real Sociedade Numismática de Londres (2005-2009) e secretario xeral da Sociedade Numismática Oriental desde 2011, da que é membro honorario. Así mesmo, é membro honorario da Sociedade Numismática Austríaca"Ehrenmitglieder ". Österreichische Numismatische Gesellschaft. e forma parte dos consellos de administración de diversas institucións museísticas.
Recoñecementos Entre outros recoñecementos, Joe Cribb foi galardoado cos seguintes premios:
(1986, 1990, 1993): Premio Lhotka da Royal Numismatic Society."The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society. (1990): Libro do Ano do Gremio Literario Numismático dos EEUU.Alexander, D. T. (1993). A 25-Year History. 1968-1993. Numismatic Literary Guild. Páxina 35. (1997): Premio Hirayama, do Instituto de Estudos da Ruta da Seda, de Kamakura. (1999): Medalla da Royal Numismatic Society."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (2008): Medalla Huntington da American Numismatic Society."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. (2023): Premio Derek Allen, da Academia Británica."Joe Cribb is the 2023 Derek Allen Prize Winner". En Coins Weekly. 28 de setembro de 2023.
Ademais destes premios, publicouse na súa honra un traballo conxunto con artigos de varios autores (entre eles o propio Cribb), que foi presentado con motivo da súa xubilación no Museo Británico.Véxase na sección de "Publicacións" a referencia de 2011.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos máis representativos de Cribb, dentro da súa abundante obra científica:https://britishmuseum.academia.edu/JoeCribb"Cribb, Joe". Worldcat.
(1981): Christian medals used in China. Oriental Numismatic Society. Occasional Paper. (1984): Script styles used on traditional Chinese coins. Oriental Numismatic Society. Occasional Paper. (1986): Money: From Cowrie Shells to Credit Cards. British Museum. ISBN 978-0714108629 (1986): Money Fun Book. British Museum. ISBN 978-0714108667 (1986): Dating South East Asia's earliest coins. Delhi Sri Satguru Publications. Con Bhattacharya, G. et al. ISBN 9788170300212 (1987): Money in the bank: An illustrated introduction to the money collection of the Hongkong and Shanghai Banking Corporation. Spink for the Hongkong and Shanghai Banking Corporation. ISBN 978-0907605225 (1990): The Coin Atlas. The World of Coinage from its Origins to the Present Day. Con B. Cook e I. Carradice. Facts on File. Nova York. ISBN 978-0816020973 (1990): Coinage and History of the Islamic World. Variorum. ISBN 978-0860782599 (1992): Crossroads of Asia: Transformation in Image and Symbol. Con E. Errington. Ancient India & Iran Trust. ISBN 978-0951839911 (1992): A Catalogue of Sycee in the British Museum: Chinese Silver Currency Ingots c.1750-1933. British Museum. ISBN 978-0714108735 (1998): Money: A History. Con J, Williams et al. Palgrave Macmillan. ISBN 978-0312212124 (1999): Magic Coins of Java, Bali and the Malay Peninsula. British Museum. ISBN 9780714108810 (2005): Money: Discover the Fascinating Story of Money from Silver Ingots to Smart Cards. DK Eyewitness Books. ISBN 978-0756613891 (2005): The Indian Coinage Traditions: Orgins, Continuity and Change. India Institute of Research in Numismatic Studies. Maharashtra. ISBN 978-8186786222 (2006): Metallurgical Analysis of Chinese Coins at the British Museum. Con H. Wang et al. British Museum. ISBN 978-0861591527 (2007): After Alexander: Central Asia before Islam. Con G. Herrmann. British Academy. ISBN 978-0197263846 (2011): Felicitas: essays in numismatics, epigraphy, and history in honour of Joe Cribb. Reesha Books International. Bombai. ISBN 9788189752088
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico
Ligazóns externas Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Brighton Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Presidentes da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados co premio Lhotka Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados co premio Derek Allen Categoría:Alumnos da Universidade de Londres Categoría:Alumnos da Universidade de Westminster Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Escritores do Reino Unido Categoría:Historiadores do Reino Unido