Geobacillus stearothermophilus (basónimo Bacillus stearothermophilus) é unha bacteria de forma bacilar grampositiva clasificada na división Firmicutes. É un organismo termófilo e está amplamente distribuído no solo, fontes termais e sedimentos oceánicos, e causa que se estraguen moitos alimentos. Crece nun intervalo de temperaturas entre 30 e 75 graos Celsius. Algunhas cepas poden oxidar o monóxido de carbono aerobicamente. Utilízase comunmente como un organismo de proba para os estudos de validación da esterilización e as comprobación periódicas dos ciclos de esterilización. O indicador biolóxico contén esporas do organismo sobre un papel de filtro dentro dun vial. Despois de esterilizar, péchase a tapa, rómpese unha ampola co medio de crecemento dentro do vial e incúbase todo o vial. Un cambio de cor ou de turbidez indica os resultados do proceso de esterilización; se non hai ningún cambio iso indica que as condicións de esterilización son as axeitadas, noutros casos o crecemento das esporas indica que o proceso de esterilización non foi exitoso. Recentemente está utilizándose unha cepa etiquetada fluorescentemente chamada Rapid Readout(tm), para verificar a esterilización, xa que aparece unha cor azul fluorescente visible nunha décima parte do tempo que se necesita para o cambio de car dun indicador de pH e un sensor de luz barato pode detectar as colonias en crecemento.

Os indicadores biolóxicos utilízanse xunto con indicadores químicos e indicadores de procesos para validar os proceos de esterilización.

O organismo foi descrito por primeira vez en 1920 co nome Bacillus stearothermophilus,DONK P.J.: A highly resistant thermophilic organism" Journal of Bacteriology 1920; 5, 373-374. pero, xunto con Bacillus thermoglucosidasius, foi reclasificado e pasado ao xénero Geobacillus en 2001.

Polimerase Recentemente, unha ADN polimerase derivada destas bacterias, a polimerase Bst, está a ter importantes aplicacións en bioloxía molecular.

A polimerase Bst ten unha actividade similar á dunha helicase, que lle permite desenrolar febras de ADN. A súa temperatura funcional óptima está entre 60 e 65 °C e desnaturalízase a temperaturas por riba de 70 °C. Estas características fana útil na amplificación isotérmica mediada por bucle (ou LAMP, do inglés loop-mediated isothermal amplification). A LAMP é similar á reacción en cadea da polimerase (PCR), pero non precisa o paso a altas temperaturas (96 °C) necesario para desnaturalizar o ADN.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Type strain of Geobacillus stearothermophilus en BacDive - a Bacterial Diversity Metadatabase

Categoría:Bacillales