Rumen Georgiev Radev (en ), nado en Dimitrovgrad o 18 de xuño de 1963, é un militar e político búlgaro. Dende o 22 de xaneiro de 2017 é presidente de Bulgaria.

Radev serviu como comandante da Forza Aérea de Bulgaria. En 2016 presentouse como candidato independente á presidencia do seu país, apoiado polo Partido Socialista Búlgaro, sendo elixido en segunda volta.

Carreira política En agosto de 2016, o Partido Socialista Búlgaro e Alternativa para un Renacemento Búlgaro (ABR) nomearon oficialmente a Radev para as eleccións presidenciais de 2016.BSP elixido XeneralBSP oficialmente nomeado xene.ABR oficialmente nomeado xeneral. No mesmo mes, ABR retirou o seu nomeamento presidencial ó xeneral Radev.Contraataque de ABR – retirou o seu apoio Xeral no Rumen Radev, Nyuz.bg autor: Dilyana Panajotova, 24 de agosto de 2016

Na elección do 6 de novembro, Radev obtivo o primeiro lugar entre os 21 candidatos a presidente na primeira volta, pasando a balotaxe con Tsetska Tsacheva, do partido Cidadáns polo Desenvolvemento Europeo de Bulgaria (GERB). Na segunda volta, realizada o 13 de novembro, venceu a Tsacheva cun 58% dos votos.

Asumiu a presidencia de Bulgaria o 22 de xaneiro de 2017, nunha cerimonia militar realizada na capital, Sofía. O 27 de xaneiro nomeou a Ognian Gerdzhikov como primeiro ministro.

Notas

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Presidentes de Bulgaria