Tympanuchus pallidicinctus é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das tres que compoñen o xénero Tympanuchus.
Endémica dos Estados Unidos, como a súa estreitamente relaciona especie, de maior tamaño, Tympanuchus cupido, en tempos foi unha vez abundante, pero hoxe en día volveuse extremadamente rara ou extinta na maior parte da súa área de distribución orixinaria debido á perda do seu hábitat.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1973 polo naturalista e ornitólogo estadounidense Robert Ridgway.Tympanuchus pallidicinctus (Ridgway, 1873) no ITIS.
Etimoloxía Para a do xénero, véxase Tympanuchus.
O epíteto específico, pallidicinctus, está formado polos elementos do latín científico pallidi- e -cinctus. O primeiro é a raíz do xenitivo do adxectivo latino pallidus, -a, -um, 'palido', e o segundo o nominativo singular do substantivo cinctus, -us, 'cinto'. Literalmente, 'o de cinto pálido'.
Sinónimo Tympanuchus cupido pallidicinctus.
Subespecies Non se recoñecen subespecies.
Hábitat e distribución Esta ave orixinariamente habitaba nas praderías de herbas de mediana altura con, ou sen, o carballo Quercus havardii, alternando con Artemisia filifolia (artemisia de area).Hagen, C. A.; Jamison, B. E.; Robel, R. J. & Applegate, R. D. (2002): "Ring-necked Pheasant Parasitism of Lesser Prairie-chicken Nests in Kansas". Wilson Bulletin 114 (4): 522-524.Wolfe, D. H.; Patten, M. A.; Shochat, E.; Pruett, C. L. & Sherrod, S. K. (2007): "Causes and patterns of mortality in lesser prairie-chickens Tympanuchus pallidicinctus and implications for management". Wildlife Biology 13: 95-104. Hoxe é máis común en zonas con vexetación de gramíneas ananas e arbustos así mesmo ananos, ás veces intercalada con pastos curtos.Davis, D. M. (2009): "Nesting ecology and reproductive success of Lesser Prairie-chickens in shinnery oak-dominated rangelands". Wilson Journal of Ornithology 121 (2): 322-327.
Ao redor da metade da súa poboación actual vive no oeste de Kansas, coa outra metade nas dunas e praderías do oeste de Oklahoma, o norte de Texas, o leste de Novo México e o sueste de Colorado.BirdLife International (2018): Tympanuchus pallidicinctus na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 13 de marzo de 2019.
Costumes Un dos aspectos máis famosos dos costumes destas aves é o ritual de apareamento de tipo lek, agrupación de macho adultos que se xuntan para faceren exibicións competitivas con vistas a convenceren ás femias visitantes que están á procura de posíbeis compañeiros para a copulación.Fiske, P.; Rintamaki, P. T. & Karvonen, E. (1088): "Mating success in lekking males: a meta-analysis". Behavioral Ecology 9: 328–338.
Status A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o status desta especie como VU (vulnerábel) debido a que á súa área de distribución é restrinxida e desigual, e á vulnerabilidade da destrución do seu hábitat.
Hai evidencias que suxiren que o quecemento global pode ter unha influencia prexudicial, sobre todo porque reduce o tamaño dos ecosistemas de Artemisia tridentata.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona: Lynx Edicions / Cambridge, UK: BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1. North American Grouse Partnership (2015): Lesser Prairie-Chicken Conservation Assessment. Program Review and Recommendations for Improved Success.
Outros artigos Fasiánidos Tetraoninos Tympanuchus
Ligazóns externas Tympanuchus pallidicinctus na ADW. Con abundante información. Tympanuchus pallidicinctus na EOL.
Categoría:Fasiánidos Categoría:Aves dos Estados Unidos de América Categoría:Animais descritos en 1873