Bifannah é unha banda galega de tropicalia procedente de Vigo. O grupo naceu no ano 2015 como un trío formado por Antía Figueiras (baixo, teclados e voz), Antón Martínez (batería e percusións) e Guillermo V. Zapata (guitarra e voz). Tras a publicación do Bifannah EP en 2016 uníuselles Pablo Valladares (teclados e guitarra).
Os seus temas están cantados en portugués e a banda ten influencias de artistas tanto brasileiros como portugueses dos anos 60 e 70.
Historia Bifannah naceu a finais do ano 2015 formada Antón Martínez, Antía Figueras e Guillermo V. Zapata. Nese momento Antía e Guillermo vivían en Barcelona e Antón en Londres, aínda que os tres eran de Vigo.
Tras compoñer varias cancións graváronas cando regresaron a Vigo polo Nadal, autoeditando posteriormente o Bifannah EP. Tras o lanzamento do traballo viron a necesidade dun novo membro para os concertos e na primavera de 2016 Pablo Valladares uniuse a eles.
Tamén en 2016 asinaron co selo The John Colby Sect e lanzaron dous vídeos musicais, para os temas “Pior” e “Skeletor”. O 22 de xuño de 2017 publicaron o seu álbum de estrea, Maresia, gravado por Ibán Pérez no Estudio Terraforma.
Discografía ÁlbumAnoSeloBifannah EP2016autoeditadoMaresia2017The John Colby Sect
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais formados en 2015