Irene Pin, nada en 1995 en Lugo, é unha directora, realizadora, poeta, música e investigadora galega.

Traxectoria Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en estudos da literatura e da cultura. Os seus traballos audiovisuais enmárcanse no ámbito do cinema experimental, da videocreación e do documental, enfocados desde unha perspectiva ecofeminista. Como poeta ten colaborado na revista Grial e como música é a baixista do grupo Poesía Canalla.

Obra

Fronteiras do humano (2011) Meus ollos firen (2014) Querido Godot (2015) Condición 5 (2015) Declaración (2016) Ai, Pardiñas, dásme a vida! (2016) Non preciso ser salvada (2018) Nós, as desenfocadas (2019) San Finx 1960 (2019)

Galardóns

Gañadora no Obradoiro 5x5 Compostela do Festival Curtocircuíto por Condición 5 (2015) Primeiro premio de Videocreación Siluetas Furtivas por Declaración (2016) Primeiro premio no III Festival de Cine da Roca por Ai, Pardiñas, dásme a vida! (2016) Premio á mellor produción dun minuto ou menos no Rabbit Heart Poetry Film Festival por Non preciso ser salvada (2018) Premio na categoría de Videoensaio nos III Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual por Nós, as desenfocadas (2019)

Notas

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Personalidades do audiovisual galego Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes