Mocidade (en ) é unha novela autobiográfica escrita por Joseph Conrad. Escrita en 1898, foi publicada por vez primeira por Blackwood's Magazine, e foi incluída como a primeira historia do volume de 1902 Youth, a Narrative, and Two Other Stories. Este volume tamén inclúe Heart of Darkness e The End of the Tether, historias relacionadas coa madureza e a vellez respectivamente. "Mocidade" conta a primeira viaxe cara ó leste dun home novo. É narrado por Charles Marlow, quen tamén é o narrador de Lord Jim, Chance e Heart of Darkness.

Foi traducido ó galego por Alejandro Tobar e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2016.

Notas

Categoría:Obras literarias de 1898 Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego‎