Noureddine Bedoui (en ), nado en Ain Taya, na vilaia de Alxer, o 22 de decembro de 1959, é un político alxeriano, actual Primeiro ministro de Alxeria.

Foi Ministro do Interior dende 2015 a 2019. Trala dimisión de Ahmed Ouyahia, como consecuencia das protestas de 2019 en toda Alxeria, foi nomeado primeiro ministro.

Traxectoria

Orixe e educación Noureddine Bedoui naceu o 22 de decembro de 1959 en Ain Taya, na vilaia de Alxer.

En 1985, ingresou na Escola Nacional de Administración (ENA) na promoción Mohamed Laid Al Khalifa. Graduouse e despois converteuse en auditor do Tribunal de Contas, despois funcionario de vilaia e varias veces valí ou gobernador (das vilaias de Sidi Bel Abbes, Bordj Bou Arreridj e Setif e Constantina).

Traxectoria política Sen etiqueta partidista, foi Ministro de formación e educación profesional dende o 11 de setembro de 2013 ata o 14 de maio de 2015, antes de ser nomeado Ministro do Interior o 14 de maio de 2015.

O 12 de marzo de 2019 converteuse en Primeiro Ministro, tras a renuncia de Ahmed Ouyahia e o anuncio de Abdelaziz Bouteflika de non presentarse ás eleccións presidenciais, tras as manifestacións masivas que se sucederon durante semanas por todo o país. O 14 de marzo anunciouse a formación dun novo goberno para finais da semana seguinte como moi tarde. O prazo máximo foi superado e finalmente formouse o 31 de marzo. Dous días despois, o 2 de abril, o presidente Abdelaziz Bouteflika dimitiu.

Notas

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Políticos de Alxeria