Pedro Vazquez de Neira y Santiso, nado na quinta metade do século XVI en Lugo, foi un poeta galego. Era fillo de Pedro Santiso (Señor de casa de Covas) e Inés Díaz de Neira. Casou con Catalina de Aguiar y Baamonde. Licenciado en Medicina ao servizo da Real Audiencia da Coruña, pouco se sabe da súa vida. Habida conta de que a meirande parte dos autores da época eran relixiosos, o feito de que escribise en galego convérteo nun dos poucos homes de ciencia que escribiu na nosa lingua nos Séculos Escuros. Traxectoria miniatura|Relación de las Exequias que hico la real Audiencia del Reyno de Galiçia a la Magestad de la Reyna D. Margarita de Austria nra Señora descriptas y puestas en stilo por Ioan Gomez Tonel. O soneto Respice Finem (1612) de Pedro Vázquez de Neira, é o primeiro texto impreso en galego, ademais de Unha illa no medio do océano. En 1612 publícase o cancioneiro Exequias da Raíña Margarida, o cal recolle unha serie de composicións elexíacas que supoñen un lamento pola morte desta raíña. A publicación deste cancioneiro correu ó cargo da Real Audiencia del Reyno de Galiçia. O libro foi composto polo impresor Juan Pacheco, e foi o seu coordinador un dos poetas que colaboraron nel en lingua galega, Juan Gómez Tonel. O outro poeta foi Pedro Vázquez de Neira.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Literatura galega dos Séculos Escuros Exequias da Raíña Margarida

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Médicos de Lugo Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Séculos Escuros