O libro verde (en ) é un filme estadounidense de 2018 dirixido por Peter Farrelly. Ambientado no ano 1962, inspírase na historia real dunha xira musical do pianista clásico e de jazz afroamericano Don Shirley (Mahershala Ali) polo Deep South acompañado do italoamericano Frank "Tony Lip" Vallelonga (Viggo Mortensen), que serve como condutor e gardacostas de Shirley. O filme foi escrito por Farrelly, Brian Hayes Currie e o fillo de Vallelonga, Nick Vallelonga, baseándose en entrevistas co seu pai e con Shirley, así como en cartas que o seu pai lle escribiu á súa nai. O filme recibe o seu título por The Negro Motorist Green Book, unha guía de mediados do século XX para viaxeiros afroamericanos escrita por Victor Hugo Green.

O libro verde estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 11 de setembro de 2018, onde gañou o premio People's Choice. Estreouse posteriormente nos cinemas dos Estados Unidos o 16 de novembro de 2018, distribuído por Universal Pictures, e recadou máis de 306 millóns de dólares en todo o mundo. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica, con aclamacións ás interpretacións de Mortensen e Ali, aínda que recibiu tamén certo criticismo pola súa representación de Shirley.

O libro verde gañou o premio National Board of Review ó mellor filme de 2018, e tamén foi escollido como un dos 10 mellores filmes do ano polo American Film Institute. O filme recibiu numorosos galardóns e nomeamentos, e na 91ª edición dos Oscar gañou os premios de mellor filme, mellor guión orixinal e mellor actor secundario para Mahershala Ali.

Estreouse en galego o 27 de abril de 2022 a través da TVG.

Personaxes Viggo Mortensen como Frank "Tony Lip" Vallelonga Mahershala Ali como Don Shirley Linda Cardellini como Dolores Vallelonga Sebastian Maniscalco como Johnny Venere Dimiter D. Marinov como Oleg Mike Hatton como George P.J. Byrne como Produtor executivo Iqbal Theba como Amit Joe Cortese como Gio Loscudo Maggie Nixon como Copa Coat Check Girl Von Lewis como Bobby Rydell Don Stark como Jules Podell Anthony Mangano como Copa Bouncer Danny Frank Vallelonga como Rudy Vallelonga Randal Gonzalez como Gorman Nick Vallelonga como Augie Tom Virtue como Morgan Anderson Brian Distance como Macon Cop #2 Dennis W. Hall como Wise Guy Mags Brian Stepanek como Graham Kindell Montrel Miller como Birmingham Hotel Waiter

Notas

Véxase tamén Bibliografía An interview with director Peter Farrelly and composer Kris Bowers about the film's soundtrack.

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Peter Farrelly Categoría:Filmes rodados en Nova Orleáns Categoría:Filmes rodados en Luisiana Categoría:Filmes ambientados en Indiana Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en Nova Orleáns Categoría:Filmes ambientados en 1962 Categoría:Filmes sobre racismo Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Participant Media Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes de 2018 con versión en galego