María Cristina Pérez Herraiz, nada en Lugo en 1961 e finada o 27 de abril de 2024, foi unha política galega.
Traxectoria miniatura| Traballou no servizo de emprego. Foi elixida concelleira de Lugo por Lugonovo, da que foi unha das fundadoras; nas eleccións municipais de 2015 foi voceira do seu grupo municipal dende 2017, substituíndo a Santiago Fernández Rocha. Nas Eleccións xerais de abril de 2019 encabezou a lista ao Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo por En Marea.
Era irmá de Margarita Pérez Herraiz, que foi deputada no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados, do PSdG-PSOE.
Notas
Categoría:Políticos de En Marea Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Nados en 1961 Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Finados en 2024