miniatura|250px|O torrente Molgora ao seu paso por Vimercate. Vimercate é unha comuna italiana da provincia de Monza e Brianza, na rexión da Lombardía.
Xeografía Situada a 194 msnm, ocupa unha superficie de 20,72 km². No ano 2018 tiña unha poboación de 25 994 habitantes, Datos do ISTAT. polo que a súa densidade de poboación era nese ano de 1 254,54 hab./km².
Encóntrase no val do Po, na chamada chaira padana, no bordo dos antigamente chamados outeiros de Brianza, ao nordeste de Milán, a capital da rexión, da que dista 29 km. Outras distancias de cidades próximas son: Monza, a 8 km; Bérgamo, a 35 km e Lecco a 31 km.
Na súa parte oriental está atravesada polo regato ou torrente Molgora, que flúe desde o norte, desde o municipio de Usmate, cara ao sur, ao municipio veciño de Burago Molgora.
A parte norte, chamada San Maurizio, é un barrio que conta con dúas igrexas, unha das cales conta cun oratorio, unha área protexida ao redor do regato Molgora e escolas de primeiro e segundo grao.
Notas
Categoría:Concellos da provincia de Monza e Brianza