A cidade metropolitana de Milán (en italiano: Città metropolitana di Milano) é un ente local italiano pertencente á Lombardía, no norte do país. A súa capital é a cidade de Milán.

Desde o 1 de xaneiro de 2015 substituíu a provincia de Milán.Città metropolitane, province e unioni di comuni: cosa cambia, governo.it

Xeografía O seu territorio, que ocupa 1575,65 km², encóntrase na parte da chaira padana comprendida entre os ríos Tesino e Adda. Limita ao norte coas provincias de Varese, Monza e Brianza; ao leste coa provincia de Bérgamo; ao sueste coas provincias de Cremona e Lodi; ao suroeste coa provincia de Pavia e ao oeste coa provincia de Novara, situada na rexión de Piemonte.

Demografía En 2014 contaba cunha poboación de 3 196 825 habitantes,Datos do ISTAT do 31-12-2014 . polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 2 028,89 hab/km².

A cidade metropolitana comprende 134 municipios:Il territorio e i comuni , cittametropolitana.mi.itminiatura|A Grande Milano.|centro Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial .

Categoría:Subdivisións de Italia