Julijans Vaivods, nado o 18 de agosto de 1895 en Vārkava (gobernación de Vitebsk, Imperio Ruso; hoxe Letonia) e finado o 24 de maio de 1990 en Riga (R.S.S. de Letonia, Unión Soviética), foi un eclesiástico católico latino, cardeal e administrador apostólico de Riga dende 1964 até o seu pasamento.
Traxectoria Foi ordenado sacerdote o 7 de abril de 1918 por Jan Feliks Cieplak. O 10 de novembro de 1964 foi nomeado administrador apostólico de Riga e bispo titular de Macriana Maior, e o 18 de novembro seguinte recibiu a consagración episcopal de mans do cardeal Marella, tendo como co-consagrantes a Jazeps Rancans e a Boļeslavs Sloskāns. O 2 de febreiro de 1983 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal. Finou no cargo o 24 de maio de 1990.
Categoría:Nados en 1895 Categoría:Nados en Letonia Categoría:Finados en 1990 Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de Letonia Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Cardeais de Letonia Categoría:Cardeais creados por Xoán Paulo II