Antonio Budiño Carballo, nado en Pontevedra en 1955, é un militar e político galego. Traxectoria
Fillo de militar, viviu dende que tiña dous anos en León e con oito anos volveu de novo a Galicia ao se aveciñar a súa familia en Vigo, instalándose en 1973 en Madrid para preparar o ingreso na Academia General Militar, graduándose como tenente en 1976 e ingresando no corpo de intendencia. Diplomado de Estado Maior, deu clases na Academia de Intendencia e mais na Escola de Estado Maior. Participou en misións internacionais en Croacia, Albania e Iraq e foi membro da comisión de servizo no departamento de misións para o mantemento da paz da Organización das Nacións Unidas en Nova York. Ascendeu a xeneral de brigada en 2011 e foi xefe de intendencia da Rexión Militar Centro. En 2013 ascendeu a xeneral de división, facéndose cargo da dirección de asuntos económicos do Exército de Terra ata o seu paso á reserva en 2018.
Malia residir en Ávila dende hai ben anos,"Vox 'recluta' a otro general para encabezar la lista al Congreso por Pontevedra". ABC, 21 de marzo de 2019 nas eleccións xerais de España de abril de 2019 e nas xerais de novembro do mesmo ano encabezou a lista de Vox ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra. En 2025, xunto a outras figuras da extrema dereita, foi un dos asinantes dun manifesto en defensa da figura do ditador Francisco Franco.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1955 Categoría:Militares de Galicia Categoría:Políticos de Vox Categoría:Políticos de Galicia