Raquel Rodríguez Rodríguez, nada en Avilés o 28 de xuño de 1992, é unha ex ximnasta rítmica española, campioa de España individual en categoría alevín (2003) e infantil (2004 e 2005), e en conxuntos (2004) co Club Rítmica Galaica.

Foi ademais campioa de Asturias en diferentes categorías de 2003 a 2009, logrou varias medallas en Campionatos da Mocidade coa selección asturiana, e obtivo varios recoñecementos da Federación Española de Ximnasia, a Federación Asturiana ou o Consello Superior de Deportes, que lle outorgou o Premio Instituto da Muller-CSD polos seus resultados académicos e deportivos xunto a outras sete deportistas españolas. Adestra ó Club Rítmica Galaica dende 2009.

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Avilés Categoría:Ximnastas rítmicos de España