Jennifer Serrano, nada en 1984 en Mieres, é unha cantante española máis coñecida como Jenny.
Traxectoria Naceu en Mieres, no Principado de Asturias e formouse como estudante de música en Helen Rowson, en Barcelona. Previamente, foi camareira. Sen moita experiencia profesional previa, presentouse a un casting no seu país de residencia, Andorra, para participar no Festival da Canción de Eurovisión 2006. Foi elixida polos telespectadores, interpretando a canción Sense tu, escrita por Rafael Artesero. A canción competiu nas semifinais o 20 de maio en Atenas, pero non conseguiu clasificarse para a final.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Eurovisión andorrana Páxina de RTVA do Eurovision 2006
Categoría:Nados en Mieres Categoría:Nados en 1984 Categoría:Representantes de Andorra en Eurovisión