Kenneth Dale "Taco" Cockrell, nado en Austin (Texas) o 9 de abril de 1950, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-56, STS-69, STS-80, STS-98 e STS-111. Pasou un total de 64,52 días no espazo.

Traxectoria Cockrell é graduado en enxeñería mecánica pola Universidade de Texas en 1972 e máster en sistemas aeronáuticos pola Universidade de Florida Oeste en 1974.

Cockrell traballou como enxeñeiro e piloto no Campo Ellington (Houston) entre novembro de 1987 e xullo de 1990. Foi instrutor e piloto de probas en avións T-38 da NASA e levou a cabo misións de mostreo e investigación a grandes alturas pilotando un avión WB-57. Tamén foi comandante da aeronave de transporte Gulfstream I.

Foi seleccionado como candidato a astronauta en xaneiro de 1990, pasando as probas e converténdose en astronauta oficialmente en xullo de 1991. Participou nas misións STS-56, STS-69, STS-80, STS-98 e STS-111, pasando un total de 64,52 días no espazo. Apartouse do servizo civil en outubro de 2014 para pasar a traballar como piloto de probas experimental.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-56 STS-69 STS-80 STS-98 STS-111

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Austin, Texas