Eileen Marie Collins, nada en Elmira (Nova York) o 19 de novembro de 1956, é unha astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-114, STS-93, STS-84 e STS-63. Pasou un total de 36,34 días no espazo. Foi a primeira muller piloto do transbordador espacial e a primeira muller comandante dunha nave dos Estados Unidos.
Traxectoria Collins é graduada en matemáticas e economía pola Universidade de Siracusa en 1978 e máster en investigación pola Universidade de Stanford en 1986, así como un máster en xestión de sistemas espaciais pola Universidade Webster en 1989.
Foi seleccionada pola NASA en xaneiro de 1990, converténdose oficialmente en astronauta en xullo de 1991. Foi piloto nas misións STS-63 e STS-84 e comandou a STS-93 e a STS-114. Pasou un total de 36,34 días no espazo. Retirouse da NASA en maio de 2006.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Mulleres na NASA Mulleres no espazo
Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Nova York (estado) Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Syracuse