dereita|miniatura|Necrolóxica en El Pueblo Gallego. Amable Durán Bergueiro, nado na Estrada cara a 1908 e finado no mesmo concello o 13 de novembro de 1965, foi un político galego. Traxectoria Foi axente recadador de contribucións no concello de Cerdedo en 1934.El Pueblo Gallego, 28-8-1934, p. 13. Falanxista. Foi nomeado alcalde de Vila de Cruces en 1952. Volveu ser alcalde en 1962 e foi nomeado conselleiro provincial do Movimiento en representación do partido xudicial de Lalín en marzo dese ano.La Noche, 9-3-1963, p. 4. Finou na Estrada a consecuencia dun accidente doméstico o 13 de novembro de 1965 aos 57 anos.Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 14-11-1965, p. 42.El Pueblo Gallego, 16-11-1965, p. 2.
Vida persoal Casou en Pontevedra con María Martínez Torres en xaneiro de 1947.La Noche, 20-1-1947, p. 2.
Recoñecementos
Unha rúa en Vila de Cruces leva o seu nome. Notas
Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes de Vila de Cruces Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados na Estrada Categoría:Finados en 1965 Categoría:Nados en 1908 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes