CONTOUR foi unha sonda espacial do programa Discovery da NASA lanzada o 3 de xullo de 2002 mediante un foguete Delta 7425 desde o centro espacial de Cabo Cañaveral para estudar dous cometas. Perdeuse contacto con ela despois do acendido do motor de inxección interplanetaria, aos 45 días de inserirse en órbita terrestre.

Características CONTOUR (acrónimo de Comet Nucleus Tour) foi lanzada para sobrevoar polo menos dous cometas, o cometa Encke en novembro de 2003 e o Schwassmann-Wachmann-3 en xuño de 2006. Foi enviada a órbita terrestre sen problemas mediante un foguete Delta 7425 o 3 de xullo de 2002 e permanaceu nesa órbita ata que as condicións foron adecuadas para ser inxectada nunha órbita interplanetaria, 45 días despois. O 16 de agosto acendeuse o motor da sonda, perdéndose o contacto coa mesma. En imaxes tomadas desde terra víronse tres obxectos onde debería estar CONTOUR, e o sistema de detección de mísiles norteamericano detectou un flash tres segundos antes do momento no que debería ter terminado a ignición do motor. A conclusión é que o motor estoupou mentres estaba acendido, destruíndo a sonda.

CONTOUR levaba a bordo catro instrumentos científicos que deberían ter servido para estudar os cometas, a súa orixe e a súa evolución.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Sondas espaciais