Girlpool é unha banda de indie rock estadounidense procedente dos Ánxeles, California. Os seus membros son Cleo Tucker (guitarra, voces) e Harmony Tividad (baixo, voces). O grupo orixinalmente non contaba cun batería. O seu EP de estrea autotitulado foi subido ao seu Bandcamp o día 14 de febreiro de 2014, e foi reeditado por Wichita Recordings o 17 de novembro dese mesmo ano. A banda publicou o seu álbum de estrea, Before the World Was Big, o 2 de xuño de 2015, tamén a través de Wichita Recordings. O seu segundo álbum, Powerplant, foi editado o 12 de maio de 2017, a través do selo Anti-. Nese álbum engadiron ao batería Miles Wintner. O seu terceiro disco, What Chaos Is Imaginary, apareceu o 1 de febreiro de 2019 tamén a través de Anti-. O seu derradeiro traballo ata a data, Forgiveness, foi editado por Anti- en abril de 2022.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloBefore the World Was Big2015Wichita RecordingsPowerplant2017Anti-What Chaos Is Imaginary2019Anti-Forgiveness2022Anti- Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de folk punk Categoría:Grupos musicais formados en 2013